Corea do Norte di estar "lista para a guerra" logo do despregamento naval "insensato" dos EUA. O réxime de Kim Jong-un advirte de "consecuencias catastróficas".
Fálase
Recuperan do mar o corpo sen vida do mozo de 17 anos que desapareceu mentres se bañaba na praia coruñesa do Orzán
Salvamento Marítimo, Policía e Bombeiros buscan un mozo desaparecido na praia do Orzán da Coruña mentres nadaba. Está a contalo a TVG
Activo un incendio que xa queimou 100 hectáreas en Lobios e extinguido outro que arrasou 34 en Vilariño de Conso. Outro foco está controlado en Carballeda de Avia.
Facenda controlará a xestión do Sergas logo de elevarse o gasto 400 millóns. A consellería colocará equipos de supervisión en cada unha das sete áreas sanitarias, segundo conta Faro de Vigo.
Arnaldo Otegi asegura que "o desarmamento de ETA tería que terse producido moito antes". Cóntao nunha entrevista en El País.
Falece a ex-ministra socialista Carme Chacón aos 46 anos de idade
Villares pide aos que decidiron "autoexcluírse" da coordinadora de En Marea que expliquen "por que" o fixeron. Defende que a dirección é "proporcional" ao votado polos inscritos malia haber "compañeiros que preferían outra composición".
Dúas explosións en igrexas coptas ao norte de Exipto causan 38 mortos. Máis de cen persoas resultaron feridas.
Extinguido o incendio no Irixo que queimou 70 hectáreas. O lume queimou 400 hectáreas na provincia xa durante o inverno.