Activo un incendio que xa queimou 100 hectáreas en Lobios e extinguido outro que arrasou 34 en Vilariño de Conso. Outro foco está controlado en Carballeda de Avia.
Fálase
Facenda controlará a xestión do Sergas logo de elevarse o gasto 400 millóns. A consellería colocará equipos de supervisión en cada unha das sete áreas sanitarias, segundo conta Faro de Vigo.
Arnaldo Otegi asegura que "o desarmamento de ETA tería que terse producido moito antes". Cóntao nunha entrevista en El País.
Falece a ex-ministra socialista Carme Chacón aos 46 anos de idade
Villares pide aos que decidiron "autoexcluírse" da coordinadora de En Marea que expliquen "por que" o fixeron. Defende que a dirección é "proporcional" ao votado polos inscritos malia haber "compañeiros que preferían outra composición".
Dúas explosións en igrexas coptas ao norte de Exipto causan 38 mortos. Máis de cen persoas resultaron feridas.
Extinguido o incendio no Irixo que queimou 70 hectáreas. O lume queimou 400 hectáreas na provincia xa durante o inverno.
O 'catastrazo' identifica en Galicia o dobre de inmobles ocultos que a media estatal. No conxunto de España detectáronse 499 bens sen declarar por cada concello, polos 1.172 nos municipios galegos.
O PSOE alcanza a Podemos en intención de voto, segundo unha enquisa electoral de Metroscopia. O PP mantense firme na primeira praza e Ciudadanos continúa co seu lento descenso.
O novo partido de Domènech e Colau aposta por unha soberanía compartida de Catalunya. "Queremos unha soberanía completa para Catalunya, e queremos que sexa libremente compartida por todos os pobos irmáns do Estado", di o deputado de En Comú Podem.