Catro galerías galegas participarán en ARCO en 2014. As viguesas Ad Hoc e Bacelos e a compostelá Trinta, xa habituais no evento, estarán este ano acompañadas no programa xeral da tamén viguesa PM8, que se estrea na feira
Fálase
O ministro de Industria matiza que Pemex só fara en Galicia un dos dous floteis que a Xunta deu por seguros. Segundo José Manuel Soria, ese é o "compromiso" da petroleira mexicana. A información, hoxe en Praza.
O DOG publica este mércores os festivos locais dos concellos galegos para o vindeiro ano.
Nunca Máis recorrerá a sentenza do Prestige ante o Supremo. A información, esta mañá en Praza.
O BOE publica este mércores o calendario laboral de 2014, cos días festivos do vindeiro ano. Refírese ao Día Nacional de Galicia, pero tamén ao Día de las Letras Gallegas.
A Xunta procedeu de novo a baleirar a lagoa da Frouxeira, en Valdoviño, provocando, segundo denuncia ADEGA, a degradación dun dos 5 humidais galegos de importancia internacional. Os traballos realízanse sen o pertinente Plan de Conservación do espazo, que o Goberno asegura que sairá a semana que vén a información pública.
A ferramenta xeoPesca, desenvolvida por Pablo Belay, entre as máis votadas para os Premios Portalprogramas ao mellor software libre
As persoas promotoras da iniciativa Android en galego manteñen esta mañá a súa primeira xuntanza con Google para tentar que o seu sistema operativo para dispositivos móbiles sexa traducido ao noso idioma.
El Diario entrevista o voceiro de Sortu, Joseba Permach, mentres é xulgado polo caso das 'herriko tabernas'. O dirixente abertzale amósase convencido de que a sentenza sobre a doutrina Parot sería outra se ETA seguise a matar.
Un 4% das adolescentes recoñecen que sufriron agresións machistas, segundo un estudo do Ministerio de Sanidade que recolle El Diario