Interior avisa á Generalitat que enviará reforzos de Policía e Garda Civil para "manter a orde" e asegura que intervirán no caso de que o referendo siga adiante.

Interior avisa á Generalitat que enviará reforzos de Policía e Garda Civil para "manter a orde" e asegura que intervirán no caso de que o referendo siga adiante.
Avistada unha gran balea azul fronte á illa de Ons. O exemplar, de 24 metros de lonxitude, foi localizada o mércores surcando a ría de Pontevedra. Cóntao Pontevedra Viva.
ENQUISA | O 52% dos cataláns non quere que se consulte a todos os españois sobre a independencia. Só o 32% aceptaría esta opción e é a xente máis nova a máis reacia á posibilidade.
Esta semana botou a andar a cuarta edición do Festiclown Palestina, que se desenvolverá ata o xoves 28 de setembro en Xerusalén, Belén, Ramala, Nablus e Hebrón. Está organizado por Pallasos en Rebeldía, Culturactiva e o Festiclown. Velaquí a crónica en vídeo da primeira xornada.
A Deputación de Zaragoza prohibe a asemblea de cargos electos pro-referendo. A institución que ía acoller o acto, dependente do PSOE, considera que o obxectivo era facer "un cumio a prol da consulta".
A Comisaria de Transporte da UE pon data, o 26 de xaneiro, ao informe que pediu sobre o cumprimento por España da normativa ferroviaria europea. Violeta Bulc xa anunciara en xullo que pedira esa análise á Axencia Ferroviaria Europea, moi crítica con Fomento, e agora o Parlamento Europeo comunícalles os prazos ás vítimas de Angrois.
91 deputados do Congreso esixen a liberdade inmediata dos detidos na operación da Garda Civil en Catalunya. Os portavoces de Unidos Podemos-En Comú-En Marea, ERC, dPNV, del PDeCAT, Comrpomís e Bildu amosaron o seu rexeitamento aos rexistros.
O PSOE de Aragón manobra para impedir a asemblea pro-referendo pactado convocada por Unidos Podemos.
Adif anuncia o remate do segundo túnel máis longo do AVE galego, que debía estar finalizado hai dous anos. A vía dereita do túnel do Espiño, duns 8 quilómetros entre A Gudiña e Vilariño de Conso, foi adxudicada no verán de 2012 con tres anos de prazo de execución. A demora é o dobre do suposto ano de “parálise” das obras polo Goberno en funcións.