Francisco Jorquera e Yolanda Díaz lamentan que os "responsables políticos da marea negra do Prestige non se senten no banco" dos acusados e lembran que o agora presidente do Goberno, Mariano Rajoy, foi quen coordincou "unha crise que converteu en catástrofe" e que Álvarez-Cascos era o principal responsable de Fomento. #prestige
Fálase
Nunca Máis concéntrase nestes momentos ás portas de Expocoruña, onde se está celebrando o xuízo contra os responsables da catástrofe do Prestige. No acto participan Francisco Jorquera, Ana Miranda ou Manuel Rivas. Máis información ao longo da mañá en Praza.
O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos condena a España por non investigar as torturas ao ex director do xornal Egunkaria. Martxelo Otamendi denunciou a Garda Civil tras ser detido en 2003 e agora será indemnizado. Cóntao a ETB.
O BNG lanza o quinto capítulo da serie #feijoomentiran, centrado nos incumprimentos e as mentiras de Feijóo e do goberno do PP en materia de impostos. Os nacionalistas denuncian que na campaña eleitoral de 2009 Feijóo se comprometeu a rebaixar o IRPF ao 54% dos galegos, ás rendas máis baixas, e en cambio subiu IRPF, IVE e IBI e aprobou a amnistía para os defraudadores fiscais.
Vén de comezar o xuízo contra os responsables da crise do Prestige. Máis información ao longo do día en Praza.
Iñigo Sáenz de Ugarte analiza en El Diario as presións de El País aos seus xornalistas para que asinen as súas informacións: "O intelectual colectivo era un deses mitos da transición. Agora nin iso. A defensa dos dereitos laborais é só xa un empeño absurdo e anacrónico. Os periodistas de El País perderon o dereito a usar –e retirar– o seu nome e apelidos, un elemento básico da súa identidade".
Os autónomos pagarán entre un 5% e un 53% máis este ano nas súas cotas por mor da suba do IVA, segundo a a Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos.
A prensa británica salienta este martes o histórico acordo entre os gobernos do Reino Unido e Escocia para a convocatoria dun referendo de independencia en 2014 que será vinculante
Standard & Poor's rebáixalle a nota a 11 bancos españois, entre eles Santander e BBVA, que quedan a un paso do bono-lixo.
La Región salienta que o PPdeG "ve frustrado o seu intento de facer os seus altos cargos funcionarios" e explica que os populares incluiran esta promesa no seu programa electoral pero que ante as críticas sindicais foi retirada alegando que fora un "erro de redacción".