Secretarios municipais denuncian represalias de alcaldes por non pregarse aos seus intereses. A secretaria de Palas de Rei foi castigada ilegalmente sen soldo.
Fálase
Un vídeo resume a manifestación contra a reforma do aborto e "polos dereitos sexuais e reprodutivos" que onte domingo percorreu as rúas de Compostela.
O Goberno de Crimea controla a maioría das unidades militares do Ministerio de Defensa ucraíno na península. Ademais, columnas militares rusas veñen de entrar no territorio a través do estreito de Kerch.
Remata a xornada na Terceira galega. Boiro, Pontevedra, As Pontes, Somozas e Cerceda encabezan a clasificación
Rápido de Bouzas 1-0 Barbadás
Laracha 0-0 Boiro
Cerceda 2-1 Deportivo B
Alondras 0-1 Pontevedra
As Pontes 0-1 Ordes
Bertamiráns 1-4 Somozas
Arousa 1-0 Dorneda
Grixoa 0-0 Racing Vilalbés
Betanzos 1-0 Negreira
Cultural Areas 2-2 ChocoMala xornada para os equipos galegos de Segunda B. Derrotas do Rácing de Ferrol ante o Rácing de Santander (1-0), do Celta B ante o Logroñés (1-0) e do Coruxo ante o Tropezón (0-1). Empate do Compostela ante o Caudal (0-0)
Os temporais das últimas semanas fixeron emerxer en Fisterra un mercante portugués afundido en 1927. O Silva Gouveia, de 64,5 metros de eslora, ía cargado de azucre. Hai un mes sucedeu o mesmo en Ferrol cun navío moito máis antigo, que deu lugar a críticas pola falta de interese amosado polo departamento de Patrimonio da Xunta.
A CUP decidiu este domingo non concorrer ás eleccións europeas nunha candidatura conxunta con Bildu e BNG, segundo adianta Europa Press. A formación catalá acordou non participar nos comicios por considerar a UE un "sistema opaco e antidemocrático"
A presenza de mulleres nos consellos de administración das empresas do Ibex35 é só dun 16%. Con todo, isto supón unha mellora considerable dende o escaso 5% que se rexistraba en 2006.
A Plataforma Sarriana polo Río e o Concello de Sarria celebraron unha xuntanza para analizar o conflito aberto na vila polas obras de encanamento do río. As reunións continuarán o vindeiro martes. Os responsables municipais afirman que as obras non se suspenderán pero agora amósanse abertos a modificacións do proxecto.
El Periódico publica unha sondaxe de intención de voto en Catalunya que amosa a CiU (35-36 escanos) por diante de ERC (34-35), que baixan lixeiramente dende anteriores estudos. Ciutadans sería a terceira forza (17-18), superando a ICV-EUiA (14-15), PSC (14-15) e PP (12-13). As CUP obterían 6 escanos. O 46% votarían a favor da independencia, aínda que só o 38% cre que vaia haber referendo.