O blog de Público 4º Poder en Red entrevista Juan Jesús Sánchez Manzano, xefe dos Tedax durante os atentados do 11-M, que destaca que “dende o principio soubemos que non fora ETA”. Afirma que “o 11-M mostrou que en España hai unha potente maquinaria para manipular a opinión pública”
Fálase
A Consellaría de Sanidade publicará finalmente o informe da Comisión de Bioética que fora inicialmente censurado. A Xunta comprométese ademais a modificar a composición da comisión, hoxe presidida por un cargo político.
O Concello de Ribadeo pide non impoñer un cupo diario para acceder á praia das Catedrais. Como alternativa, propón instalar un posto de control que vete o acceso en momentos determinados
Os sindicatos celebraron en Ferrol divididos, un ano máis, o 10 de marzo. Ademais, o alcalde da cidade, José Manuel Rey Varela, foi apupado no momento de realizar a ofrenda floral no monumento dedicado a Amador e Daniel.
Dous mozos son condenados a dez meses de cadea por darlle unha malleira a un rapaz homosexual no Cantón Grande, na Coruña. O xuíz Vázquez Taín critícalle ao fiscal que impedise aplicar o agravante de motivos homófobos e denuncia "a benevolencia coa que se tratou un tema tan grave"
Pedro Morenés recoñece que asinou 32 contratos coa súa antiga empresa dende que é ministro de Defensa. Só tres deles suman un importe de máis de sete millóns de euros.
Andorra intervén o banco BPA por presunto blanqueo de cartos. É a mesma entidade que axudou a familia Pujol a regularizar a herdanza do patriarca Florenci Pujol a través da súa filial española Banco de Madrid, que onte foi intervida tamén polo Banco de España
Podemos creará un equipo técnico que xestionará o partido en Ferrol ata que se leve a cabo un novo proceso de elección da dirección local tras as anomalías detectadas nas votacións ao consello cidadán local.
A Marea Atlántica anuncia unha renda social para persoas en risco de exclusión na Coruña de entre os 400 e os 700 euros mensuais. A medida, que custaría uns 3 millóns de euros, beneficiaria unhas 1.200 persoas.
18 persoas detidas por delitos contra as institucións do Estado por protestar contra os desafiuzamentos. Están acusadas de amosar unha faixa durante un pleno da Xunta Municipal de Moratalaz, Madrid, na que se lía "Nin casas sen xente, nin xente sen casas".