18 persoas detidas por delitos contra as institucións do Estado por protestar contra os desafiuzamentos. Están acusadas de amosar unha faixa durante un pleno da Xunta Municipal de Moratalaz, Madrid, na que se lía "Nin casas sen xente, nin xente sen casas".
Fálase
Sucédense as parodias do vídeo de Enrique Iglesias financiado pola Xunta. Tras a realizada por Páramo Pictures, a Pale Tilla, chega a "versión low cost" do colectivo Seioque nos figestes... co título Vaia derroche de guita
Lantero comezará a aplicar este mércores o ERTE acordado cos traballadores ao 50 % do cadro de persoal da factoría arousá.
Rafael Escudero analiza en La Marea a evolución da lexislación sobre universidades na última década, da LOU ao 3+2, marcada por un progesivo encarecemento do acceso aos estudos e a consolidación da precariedade laboral
Dez incendios queimaron dende a mañá do domingo case 200 hectáreas en Carballeda. O máis grave arrasou case 80 hectáreas dunha zona da Rede Natura.
O Consorcio Provincial Contraincendios convocará unha reunión para acordar os pasos a seguir trala anulación do contrato para a xestión dos dez parques comarcais de bombeiros da Coruña. Os Bombeiros celebran o ditame e esixen un cambio de modelo
O prezo da vivenda subiu en Galicia un 1% en 2014, rompendo seis anos de caídas. Dende o comezo da crise o descenso é do 27%, por debaixo da media estatal (35%).
A Asociación de Pacientes do CHUS de Santiago denuncia un novo "colapso" nas urxencias "con 10 pacientes nos corredores taponando as vías de evacuación, 22 pacientes pendentes de ingreso ocupando espazos de traballo e sen sitios na sala de observación e en cubículos", din nun escrito dirixido á xerencia.
Condenado a 190 anos de cárcere e 410.400 euros de multa o ladrón do Códice Calixtino pola substracción de correspondencia dos seus veciños.
A metade da mocidade reclama máis galego no ensino, segundo os datos dunha enquisa que hoxe publica La Voz