O prezo da vivenda subiu en Galicia un 1% en 2014, rompendo seis anos de caídas. Dende o comezo da crise o descenso é do 27%, por debaixo da media estatal (35%).
Fálase
A Asociación de Pacientes do CHUS de Santiago denuncia un novo "colapso" nas urxencias "con 10 pacientes nos corredores taponando as vías de evacuación, 22 pacientes pendentes de ingreso ocupando espazos de traballo e sen sitios na sala de observación e en cubículos", din nun escrito dirixido á xerencia.
Condenado a 190 anos de cárcere e 410.400 euros de multa o ladrón do Códice Calixtino pola substracción de correspondencia dos seus veciños.
A metade da mocidade reclama máis galego no ensino, segundo os datos dunha enquisa que hoxe publica La Voz
Manuel Dios, primeiro candidato a concelleiro nas primarias de Compostela Aberta. O presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz vén participando na plataforma dende o seu nacemento e manifesta a súa vontade de "empoderar a cidadanía para auditar e limpar o Concello de podremia e indignidade, gañando o goberno municipal"
A Irmandade Xurídica Galega conmemorará o 17 de marzo en Redondela o 30 aniversario da primeira sentenza xudicial ditada en galego. Foi o 27 de marzo de 1985, a cargo dos maxistrados Ricardo Leiros, Claudio Movilla e Gonzalo de la Huerga
Máis de 700 persoas participaron nas primarias da Marea Atlántica desta fin de semana. Os doce candidatos elixidos coñeceranse hoxe e completarán a lista que lidera Xulio Ferreiro na Coruña e que completarán catro persoas "de consenso" máis.
Unha vertedura de hidrocarburos obriga a pechar ao marisqueo toda a ría do Burgo. En febreiro a ría xa permaneceupechada 15 días pola presenza de toxina paralizante
Diagonal celebra o seu décimo aniversario. O periódico publicou o seu primeiro número o 3 de marzo de 2005.
A Xunta prevé recadar en 2015 un 4,8% menos que en 2014. Tan só outras catro comunidades autónomas prevén reducir os seus ingresos este ano. A recadación quedaría un 16% por debaixo da de antes do inicio da crise.