O Concello de Ribadeo pide non impoñer un cupo diario para acceder á praia das Catedrais. Como alternativa, propón instalar un posto de control que vete o acceso en momentos determinados
Fálase
Os sindicatos celebraron en Ferrol divididos, un ano máis, o 10 de marzo. Ademais, o alcalde da cidade, José Manuel Rey Varela, foi apupado no momento de realizar a ofrenda floral no monumento dedicado a Amador e Daniel.
Dous mozos son condenados a dez meses de cadea por darlle unha malleira a un rapaz homosexual no Cantón Grande, na Coruña. O xuíz Vázquez Taín critícalle ao fiscal que impedise aplicar o agravante de motivos homófobos e denuncia "a benevolencia coa que se tratou un tema tan grave"
Pedro Morenés recoñece que asinou 32 contratos coa súa antiga empresa dende que é ministro de Defensa. Só tres deles suman un importe de máis de sete millóns de euros.
Andorra intervén o banco BPA por presunto blanqueo de cartos. É a mesma entidade que axudou a familia Pujol a regularizar a herdanza do patriarca Florenci Pujol a través da súa filial española Banco de Madrid, que onte foi intervida tamén polo Banco de España
Podemos creará un equipo técnico que xestionará o partido en Ferrol ata que se leve a cabo un novo proceso de elección da dirección local tras as anomalías detectadas nas votacións ao consello cidadán local.
A Marea Atlántica anuncia unha renda social para persoas en risco de exclusión na Coruña de entre os 400 e os 700 euros mensuais. A medida, que custaría uns 3 millóns de euros, beneficiaria unhas 1.200 persoas.
18 persoas detidas por delitos contra as institucións do Estado por protestar contra os desafiuzamentos. Están acusadas de amosar unha faixa durante un pleno da Xunta Municipal de Moratalaz, Madrid, na que se lía "Nin casas sen xente, nin xente sen casas".
Sucédense as parodias do vídeo de Enrique Iglesias financiado pola Xunta. Tras a realizada por Páramo Pictures, a Pale Tilla, chega a "versión low cost" do colectivo Seioque nos figestes... co título Vaia derroche de guita
Lantero comezará a aplicar este mércores o ERTE acordado cos traballadores ao 50 % do cadro de persoal da factoría arousá.