Ao redor de 500 persoas concentráronse en Ferrol en defensa do Ateneo, cuxa continuidade está ameazada polo xuízo que comeza este mércores pola mañá. Pídenlle ao Concello que cumpra co seu compromiso de pagar os gastos xerados polo almacenamento dos fondos da entidade durante as obras realizadas polo consistorio.
Fálase
El Periódico analiza o distanciamento exhibido por CiU e ERC no debate de política xeral que estes días se celebrou no parlamento catalán. CiU, ERC, ICV e CUP aprobaron unha moción conxunta pedindo celebrar o referendo con "todas as garantías democráticas posibles"
Ruth Toledano, a colaboradora de ElDiario.es agredida por un dos participantes na festa do Toro de la Vega, relata nunha entrevista o sucedido e asegura que "a fin da barbarie está cerca"
PP, PSOE e UPyD votan en contra de convocar un referendo consultivo sobre a república. A Esquerda Plural, Amaiur, PNV, ERC e BNG votaron a favor e CiU abstívose.
Pedro Puy responsabiliza os medios da degradación do Parlamento. O voceiro do PP equipara a responsabilidade dos parlamentarios co da prensa.
AGE exixe a paralización da mina de Cosmos en Triacastela "por incumprir a lei". Fíxoo na comisión parlamentaria de industria e comercio, onde denunciou as múltiples irregularidades que comete a actividade mineira desta firma.
A Coruña acolle dende hoxe e até o domingo o festival Marea Alta, que aúna a cultura coa divulgación do coidado do medio ambiente, a investigación e o activismo, e que se centra na protección dos océanos.
O Tribunal Supremo vén de admitir a trámite o recurso de casación interposto polo Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol contra o auto do TSXG que denegaba a nulidade da nova modificación do PXOM de Mugardos que amparou a planta de Reganosa.
A Garda Civil retén 30 persoas que protestaban na inauguración do curso no colexio Ben Cho Sei de Pereiro de Aguiar, a onde acoden os resis de España, segundo informa a CIG. Máis información, esta mañá en Praza.
Margallo admite que podería suspender a autonomía de Cataluña para evitar a consulta. O ministro de Asuntos Exteriores advirte de que o Estado utilizará "todos os medios ao seu alcance para que non se celebre o referendo".