El Diario recolle a chegada a Madrid da montaxe Eurozone, de Chévere.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5278e8d64fe14-chevere-eurozona_ediima20131105_0565_5.jpg)
El Diario recolle a chegada a Madrid da montaxe Eurozone, de Chévere.
Neonazis irrompen violentamente na Universidade Complutense e identifícanse como membros de Amencer Dourado. Racharon carteis e enfrontáronse a varios estudantes.
A Mesa acusa a Negreira de prevaricación e advirte de que o demandará se non retira a polémica campaña Wapa Coruña, na que o Concello utiliza "o topónimo ilegal La Coruña"
A Audiencia da Coruña suspende todas as imputacións de cargos do Adif polo accidente de Angrois. Cóntao Europa Press na súa web
As persoas desempregadas non pagarán o bus urbano en Ourense. Será tras a aprobación no pleno municipal dunha proposta formulada o pasado xaneiro polo BNG. Cóntao La Región
A raíña de España declárase seguidora do programa Entre todos, o espazo duramente criticado por profesionais do ámbito social por, ao seu xuízo, substituír "dereitos sociais" por "beneficencia televisada. Cóntao Ecoteuve.
RTVE valora converter Radio 3 nunha radio fórmula ao xeito dos 40 Principales, segundo un comunicado de CC.OO. que recolle El Boletín
Amnistía Internacional denuncia na ONU que España non xulga os crimes do franquismo, tal e como advertiu en Praza un dos avogados da querela presentada contra a ditadura en Arxentina.
Os dez investigadores novos premiados pola edición española do MIT Technology Review, que recoñece o labor de menores de 35 anos, analizan as políticas de I+D+i e os recortes na ciencia en España: "outros países están levando os nosos investigadores a prezo de custe"
A Generalitat estuda a aprobación dun canon sobre o ADSL, que se lles cobraría ás operadoras, para financiar o cinema