RTVE valora converter Radio 3 nunha radio fórmula ao xeito dos 40 Principales, segundo un comunicado de CC.OO. que recolle El Boletín
Fálase
Amnistía Internacional denuncia na ONU que España non xulga os crimes do franquismo, tal e como advertiu en Praza un dos avogados da querela presentada contra a ditadura en Arxentina.
Os dez investigadores novos premiados pola edición española do MIT Technology Review, que recoñece o labor de menores de 35 anos, analizan as políticas de I+D+i e os recortes na ciencia en España: "outros países están levando os nosos investigadores a prezo de custe"
A Generalitat estuda a aprobación dun canon sobre o ADSL, que se lles cobraría ás operadoras, para financiar o cinema
Todas as federacións de ANPA de Galicia, convidadas pola federación de ANPA de Lugo, Fapacel, a un encontro para esixir a retirada do decreto de comedores
Ana Botella ordena repoñer unha imaxe súa nunha mostra da Asociación de Diseñadores de Madrid que fora retirada por un concelleiro por considerala "insultante"
O paro rexistrado sobe en outubro en 7.492 persoas en Galicia, o que supón un incremento do 2,87%. A suba interanual é do 0,15%, con 413 persoas máis. Máis información, esta mañá en Praza.
Esta mañá preséntase en Pontevedra a edición 2013 do Culturgal.
O gasto do Goberno central en asesores e persoal de confianza aumentou un 8% ata setembro, segundo conta El Mundo
Bárcenas entrégalle ao xuíz novos documentos para tentar implicar a De Cospedal no suposto financiamento ilegal do PP. Cóntao El País.