O paro rexistrado sobe en outubro en 7.492 persoas en Galicia, o que supón un incremento do 2,87%. A suba interanual é do 0,15%, con 413 persoas máis. Máis información, esta mañá en Praza.
Fálase
Esta mañá preséntase en Pontevedra a edición 2013 do Culturgal.
O gasto do Goberno central en asesores e persoal de confianza aumentou un 8% ata setembro, segundo conta El Mundo
Bárcenas entrégalle ao xuíz novos documentos para tentar implicar a De Cospedal no suposto financiamento ilegal do PP. Cóntao El País.
A oposición no Concello de Lugo (PP e BNG) tomba as ordenanzas fiscais do Goberno municipal, rexido polo PSdeG en minoría. En El Progreso
Uns 8.000 alumnos e alumnas quedan este curso sen comedor escolar de balde, segundo calcula La Voz cos datos ofrecidos onte no Parlamento polo conselleiro de Educación.
El Mundo inicia este luns a súa aposta polo cobro por ler a súa edición dixital, que polo de agora non será imitada por El País ou o grupo Vocento. Poderanse ler un máximo de 25 contidos mensuais da web sen ter que pagar. O obxectivo é chegar aos 100 mil subscritores nos vindeiros meses, que gozarán de novos contidos e de apostas innovadoras polos elementos multimedia.
A CIG convoca manifestacións en todas as comarcas o vindeiro 14 de novembro contra a reforma das pensións, que "pretende alimentar o negocio da banca e as aseguradoras", na súa opinión.
A empresa Supermercados El Árbol pagaralle os domingos e festivos traballados ao seu persoal en vales de compra e non en cartos. Cóntao El Diario
O presidente da patronal galega pide unha reforma laboral máis flexible. Fernández Alvariño reclama endurecer aínda máis a norma.