A empresa Supermercados El Árbol pagaralle os domingos e festivos traballados ao seu persoal en vales de compra e non en cartos. Cóntao El Diario
Fálase
O presidente da patronal galega pide unha reforma laboral máis flexible. Fernández Alvariño reclama endurecer aínda máis a norma.
Un sumidoiro ao pé da depuradora de Bens, na Coruña, estivo vertendo directamente ao mar durante horas este domingo. Non é a primeira vez que se producen vertidos nesta zona e as consecuentes denuncias. Para evitalas, en 2009 construiuse unha canalización que leva as augas fecais a varios centos de metros da costa.
A Audiencia levanta as imputacións de cinco cargos de Adif polo accidente de Angrois. Deixa sen efecto as imputacións de cinco responsables de seguridade.
Hervé Falciani lanza unha rede de denuncia cidadá contra a corrupción, apadriñada polo Partido X. O operativo será internacional e a organización pide a colaboración de informáticos para crear un sistema que lles garanta privacidade e seguridade aos denunciantes
Imputados oito mossos d'esquadra pola morte do veciño do Raval tras unha detención violenta. A xuíz considera que os axentes puideron cometer delitos contra a vida, a integridade física e moral, de obstrución a la xustiza e coaccións
NCG Banco acadou un beneficio de 61 millóns de euros nos nove primeiros meses do ano
Gradiant, o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia, participa na plataforma tecnolóxica europea de telecomunicacións que pilotará a transición cara aos futuros sistemas 5G, que complementarán e substituirán ás 4G, arestora en proceso de despregamento.
O boletín mensual de reflexión política Somos Ninguén comeza a súa actividade entrevistando a Joaquín Miras e Joan Tafalla, autores do libro La izquierda como problema. Destacan que "todos os procesos revolucionarios requiriron de longos traballos de carácter capilar, de longos procesos de experiencias colectivas”
Renato Epifânio escribe un artigo en Público, “A questão galega", no que critica que na II Conferência sobre o Futuro da Língua Portuguesa no Sistema Mundial, celebrada hai uns días, "alguns oradores defenderam que a língua galega era realmente uma língua independente da língua portuguesa”. E salienta que "a língua que se fala na Galiza será sempre uma variante singular da língua portuguesa", polo que pide o apoio das autoridades portuguesas para esa converxencia.