Bruce Springsteen confirma na súa web que o concerto do pasado domingo en Madrid, de tres horas e 48 minutos, foi o máis longo da súa carreira
Fálase
As manifestacións convocadas por CCOO e UGT contra a reforma laboral e os recortes do Goberno percorren xa as rúas das principais cidades de Galicia e do Estado. Na imaxe de @afreirec, a cabeceira da de Madrid.
Merkel admite que hai posibilidades de comprar débeda dos países no mercado secundario, aínda que habería condicións.
O príncipe Felipe gaba dende os Estados Unidos a moderación salarial, que sitúa como sinónimo de "competitividade". Cóntao El Mundo.
O Goberno central confirma que non haberá debate de política xeral no Congreso dos Deputados ao longo de todo 2012. Ata agora só deixaran de celebrarse en anos electorais e en 1989. En La Información.
A Mesa pola Normalización Lingüística alerta de que unha xuíza de Vigo vén de rexeitar a presentación dunha demanda por estar redactada en galego.
Presentouse en Ferrol o número 32 de Razón Socialista, a revista semestral da Asociación cultural Fuco Buxán. As mobilizacións contra os recortes e Reganosa son os temas principais desta edición.
O Tribunal Constitucional legaliza Sortu, segunda avanza El País. Por só un voto de diferenza, seis contra cinco, o alto tribunal decide dar visto e prace á marca política da esquerda abertzale.
Nace un blog para reivindicar a continuidade das axudas ao talento, que este ano non foron convocadas por AGADIC. O 20 de abril publicouse un escrito laborado por Sonia Méndez, Xacio Baño e Ángel Santos e asinado por 41 beneficiarios e beneficiarias destas axudas para novos creadores entre 2009 e 2011. Convócase, ademais, unha xuntanza aberta o 28 de xuño en Compostela.
Scotland Yard dá a orde de arrestar a Julian Assange, que se atopa na embaixada de Ecuador en Londres, despois de ter solicitado asilo político. Un grupo de persoas concéntrase ás portas da sede diplomática para apoiar o fundador de Wikileaks.