A Mesa pola Normalización Lingüística alerta de que unha xuíza de Vigo vén de rexeitar a presentación dunha demanda por estar redactada en galego.
Fálase
Presentouse en Ferrol o número 32 de Razón Socialista, a revista semestral da Asociación cultural Fuco Buxán. As mobilizacións contra os recortes e Reganosa son os temas principais desta edición.
O Tribunal Constitucional legaliza Sortu, segunda avanza El País. Por só un voto de diferenza, seis contra cinco, o alto tribunal decide dar visto e prace á marca política da esquerda abertzale.
Nace un blog para reivindicar a continuidade das axudas ao talento, que este ano non foron convocadas por AGADIC. O 20 de abril publicouse un escrito laborado por Sonia Méndez, Xacio Baño e Ángel Santos e asinado por 41 beneficiarios e beneficiarias destas axudas para novos creadores entre 2009 e 2011. Convócase, ademais, unha xuntanza aberta o 28 de xuño en Compostela.
Scotland Yard dá a orde de arrestar a Julian Assange, que se atopa na embaixada de Ecuador en Londres, despois de ter solicitado asilo político. Un grupo de persoas concéntrase ás portas da sede diplomática para apoiar o fundador de Wikileaks.
Pecha o Centro de Internamento de Extranxeiros (CIE) de Málaga, despois de 22 anos de denuncias de ONGs e mesmo do Defensor del Pueblo. Dende este CIE, por exemplo, deportáronse, previa sedación con haloperidol, 103 inmigrantes africanos no ano 2000
A Xunta e as deputacións asinan un protocolo de colaboración permanente tras incorporar ao seu documento inicial as achegas do presidente da institución luguesa, José Ramón Gómez Besteiro, que advertira "irregularidades xurídicas". Esta tarde, en Praza.
O PASOK vén de anunciar que xa hai acordo para a constitución dun novo goberno en Grecia, entre Nova Democracia, PASOK e o centro-esquerda de Dimar.
Redelibros convoca o I Certame de Relatos de Verán. Pódense enviar até o 31 de agosto, pero xa dende mañá os internautas poderán votar os textos que se vaian recibindo. Os relatos seleccionados serán publicados nun volume dixital, e o autor do máis votado recibirá un e-reader.
Ao redor de 200 brigadistas maniféstanse en Santiago contra a redución de conntratacións para a campaña de extinción de lumes deste verán