A Xunta e as deputacións asinan un protocolo de colaboración permanente tras incorporar ao seu documento inicial as achegas do presidente da institución luguesa, José Ramón Gómez Besteiro, que advertira "irregularidades xurídicas". Esta tarde, en Praza.
Fálase
O PASOK vén de anunciar que xa hai acordo para a constitución dun novo goberno en Grecia, entre Nova Democracia, PASOK e o centro-esquerda de Dimar.
Redelibros convoca o I Certame de Relatos de Verán. Pódense enviar até o 31 de agosto, pero xa dende mañá os internautas poderán votar os textos que se vaian recibindo. Os relatos seleccionados serán publicados nun volume dixital, e o autor do máis votado recibirá un e-reader.
Ao redor de 200 brigadistas maniféstanse en Santiago contra a redución de conntratacións para a campaña de extinción de lumes deste verán
Na web de Galicia Caníbal, El Musical, que se estreará o 12 de xullo en Vigo, pódense mesmo demostrar os coñecementos sobre a música galega dos 80 nun xogo
O venres 22 os traballadores da minaría comezarán A Marcha do Carbón, que 19 días despois finalizará en Madrid. En total sairán 180 mineiros dende Mieres (Asturias), Villablino (León), Bembibre (León) e Andorra (Teruel).
O BNG da Coruña lamenta que o alcalde da cidade, Carlos Negreira (PP), "recorra a asuntos esotéricos" como única "canle de participación" da cidadanía. O consistorio coruñés vén de instalar "ánforas da queima dos malos augurios" de cara á noite de San Xoán.
O 5 de xullo haberá twitter en catalán e euskera, que xunto coas incorporacións de grego, checo, ucraniano ou afrikaans se unirán ás 21 linguas nas que na actualidade se pode empregar este servizo.
ATTAC protesta no Parlamento Europeo contra a especulación financeira nas materias primas alimentarias.
Obama, Hollande e Merkel instan a Rajoy a que acelere o rescate e resolva así o problema da débeda. O presidente do Goberno nega presión ningunha.