O 5 de xullo haberá twitter en catalán e euskera, que xunto coas incorporacións de grego, checo, ucraniano ou afrikaans se unirán ás 21 linguas nas que na actualidade se pode empregar este servizo.
Fálase
ATTAC protesta no Parlamento Europeo contra a especulación financeira nas materias primas alimentarias.
Obama, Hollande e Merkel instan a Rajoy a que acelere o rescate e resolva así o problema da débeda. O presidente do Goberno nega presión ningunha.
Hoxe é o Día Mundial do Refuxiado. Médicos Sen Fronteiras publica un informe sobre a situación actual do medio millón de refuxiados somalíes en Dadaab (Kenya)
O persoal da Obra Social de Novacaixagalicia pídelle á Asemblea Xeral da entidade que se celebra hoxe na Coruña a súa transformación "nunha Fundación especial para adaptarnos aos novos cambios e renovación nos órganos de goberno para afrontar un futuro viable".
Noticias contraditorias sobre a morte de Mubarak, que se atoparía en coma
Rio+20 comeza este mércores en Río de Janeiro chegando a un consenso ao redor dun documento que carece de metas concretas.
O Daily Telegraph anuncia mañá na súa primeira plana que do cumio que o G20 vén de celebrar en México saíu un plan para rescatar a España e Italia a través da compra de débeda soberana de ambos países. Esta operación sumaríase ao rescate bancario, xa acordado.
Dende México Mariano Rajoy evita negar que o Goberno de España vaia subir o IVE: "tomaremos todas as decisións que nos parezan oportunas, unha vez que estean tomadas será informada como todos os seus compañeiros", sinaloulle á xornalista que o cuestionou.
Julian Assange pide asilo político na embaixada de Ecuador en Londres. Assange, que se enfronta á posibilidade de ser extraditado a Suecia, entrevistou recentemente a Rafael Correa.