Julian Assange pide asilo político na embaixada de Ecuador en Londres. Assange, que se enfronta á posibilidade de ser extraditado a Suecia, entrevistou recentemente a Rafael Correa.
Fálase
Concentración da Coordinadora de Loitas da Comarca da Coruña diante da sede de Hidralia Energía
O Goberno desmente que a segunda avaliación da banca se deixe para setembro, como aseguraron algunhas fontes. Mantén o 31 de xullo como data para o informe.
O PP vota por erro no Congreso a prol de manter os contratos dos promotores de emprego ata decembro, como propoñía Izquierda Plural. Cóntao a web de Europa Press.
A catedral de Santiago acollerá no mediodía de mañá un "simulacro de incendio e crise sanitaria"
O senador socialista coruñés Javier Losada amosa en Twitter a manifestación que a esta hora se están a producir diante do edificio da Cámara Alta a prol da minaría asturiana e leonesa. A marcha prodúcese mentres continúan as protestas nas comarcas afectadas polos recortes das axudas ao carbón.
As mulleres dos mineiros que protestan nas concas de toda España están xa ás portas do Senado. Imaxe de @comisionestelemadrid
Almunia non descarta un cambio lexislativo para que se poida recapitalizar a banca directamente, como pide Rajoy. No entanto, lebmra que a Comisión terá "o control directo" do rescate de Bankia.
Feijóo asinará mañá o "protocolo de colaboración entre a Xunta de Galicia e as deputacións provinciais galegas". O encontro entre o xefe do Goberno galego e os titulares das deputacións prodúcese un ano despois de ser anunciado.
Ahmed Shafiq, o candidato pro Mubarak, asegura ser o gañador das eleccións presidenciais exipcias co 51% dos votos, segundo Al Arabiya. Os islamitas tamén din ser os gañadores. Até o xoves non haberá resultados oficiais