Ao redor de 200 brigadistas maniféstanse en Santiago contra a redución de conntratacións para a campaña de extinción de lumes deste verán
Fálase
Na web de Galicia Caníbal, El Musical, que se estreará o 12 de xullo en Vigo, pódense mesmo demostrar os coñecementos sobre a música galega dos 80 nun xogo
O venres 22 os traballadores da minaría comezarán A Marcha do Carbón, que 19 días despois finalizará en Madrid. En total sairán 180 mineiros dende Mieres (Asturias), Villablino (León), Bembibre (León) e Andorra (Teruel).
O BNG da Coruña lamenta que o alcalde da cidade, Carlos Negreira (PP), "recorra a asuntos esotéricos" como única "canle de participación" da cidadanía. O consistorio coruñés vén de instalar "ánforas da queima dos malos augurios" de cara á noite de San Xoán.
O 5 de xullo haberá twitter en catalán e euskera, que xunto coas incorporacións de grego, checo, ucraniano ou afrikaans se unirán ás 21 linguas nas que na actualidade se pode empregar este servizo.
ATTAC protesta no Parlamento Europeo contra a especulación financeira nas materias primas alimentarias.
Obama, Hollande e Merkel instan a Rajoy a que acelere o rescate e resolva así o problema da débeda. O presidente do Goberno nega presión ningunha.
Hoxe é o Día Mundial do Refuxiado. Médicos Sen Fronteiras publica un informe sobre a situación actual do medio millón de refuxiados somalíes en Dadaab (Kenya)
O persoal da Obra Social de Novacaixagalicia pídelle á Asemblea Xeral da entidade que se celebra hoxe na Coruña a súa transformación "nunha Fundación especial para adaptarnos aos novos cambios e renovación nos órganos de goberno para afrontar un futuro viable".
Noticias contraditorias sobre a morte de Mubarak, que se atoparía en coma