O COB Ourense regresa á ACB ao derrotar con claridade o Breogán no quinto partido do play-off de ascenso (91-65). Volverá haber derbi galego na máxima categoría do baloncesto español

O COB Ourense regresa á ACB ao derrotar con claridade o Breogán no quinto partido do play-off de ascenso (91-65). Volverá haber derbi galego na máxima categoría do baloncesto español
Dimite o presidente da FIFA, Joseph Blatter, catro días despois de ser reelixido e en pleno escándalo de corrupción. Está a contalo ao vivo a BBC
O Goberno de España argumenta agora que os apupos ao himno na final da Copa do Rei crearon "unha situación de risco e perigo". Recólleo RTVE
Faro de Vigo revela que a Xunta pretende evitar o sexo entre homes adultos que non se coñezan e varias prácticas sexuais como medida para previr a sida.
Xulio Ferreiro e Carlos Negreira manteñen arestora o seu primeiro encontro tras as eleccións no Pazo de María Pita. O PP coruñés está a ralentizar o traspaso de poderes á Marea Atlántica cara á constitución da nova corporación, o vindeiro 13 de xuño.
O paro descende en maio en España en 117.985 persoas, 34.817 en termos desestacionalizados, incrementándose a afiliación á Seguridade Social en 213.015 novos e novas cotizantes. En Galicia o desemprego cae en 7.780 persoas, ata as 236.981, con 7.880 afiliados e afiliadas máis. Toda a información, esta mañá en Praza.
Unha campaña da organización WaterAid pregúntase "que pasaría se os homes tivesen a regra?" para denunciar que millóns de mulleres non teñen acceso a un aseo durante a súa menstruación e critica que o período siga sendo un tabú. "Se os homes menstruasen, non sería algo vergonzoso", engaden.
O Concello de Ferrol deixará de subvencionar as confrarías para a celebración da Semana Santa, adianta Jorge Suárez, cabeza de lista de Ferrol en Común e futuro alcalde. Engade que paralizará "obras superfluas" e renegociará o recente acordo con Defensa que implicaba a construción de medio milleiro de vivendas e unha superficie comercial.
O PP apraza o traspaso de poderes na Coruña malia non contar con apoios para formar Goberno. Dirixentes do partido na cidade aférranse á ventaxa de 28 votos con respecto á Marea Atlántica e afirman que tentarán constituír un Executivo
A patronal das autoestradas rexeita ubicar cobradores en todas as peaxes, 24 horas ao día, como lle esixe Fomento, e defende que ningunha lei ou contrato lles impide utilizar sistemas de cobro automático