Xa está en marcha a segunda xornada do debate de investidura. Despois das intervencións dos grupos que non o fixeron o sábado, chegará a votación, na que Pedro Sánchez necesita obter maioría absoluta para ser elixido. Podes seguir aquí en vivo o debate.
Fálase
Quim Torra destaca no Parlamento catalán que só esta cámara o pode inhabilitar e anuncia que utilizará todos os mecanismos posibles para defenderse. O presidente da Generalitat pide o voto dos deputados e deputadas para defender a institución chama á desobediencia ante "os ataques á democracia". JxCat, ERC e CUP pactan unha resolución de condena á actuación da Xunta Electoral Central
Néstor Rego (BNG) destaca que o Bloque "puxo sobre a mesa a axenda galega" e reclama que Pedro Sánchez "cumpra os seus compromisos". Advirte que a pesar do seu voto favorable, "o seu Goberno non é o noso Goberno". Rego iniciou a súa intervención en galego: "Quero que as miñas primeiras palabras sexan na miña lingua, na lingua do meu pobo"
Na súa intervención no debate de investidura, Antón Gómez-Reino (Galicia en Común) destaca que "Galicia estará presente no Goberno", salientando o contido do programa acordado entre o PSOE e Unidas Podemos, como a devolución do Pazo de Meirás ou as medidas para a industria electrointensiva. O deputado rematou o seu discurso sinalando que "este é un primeiro paso, o segundo chegará en outono co cambio de Goberno en Galicia"
A dirección de ERC reafírmase na abstención á investidura de Pedro Sánchez a pesar da inhabilitación de Torra decidida pola Xunta Electoral Central. Este sábado pola tarde a formación presentará unha moción no Parlamento catalán na que denunciará a actuación deste órgano e na que espera o apoio de PSC e En Comú.
Pablo Casado inicia a quenda de intervencións dos grupos políticos na sesión de investidura, que continuará ao longo deste sábado e da mañá do domingo. Podes seguir aquí o debate.
Ás nove da mañá comeza a sesión de investidura coa intervención de Pedro Sánchez, que en principio ten asegurados os apoios suficientes para ser elixido presidente o martes, por maioría simple, mais coa incógnita das consecuencias da inhabilitación de Torra. Podes seguila en directo aquí.
A Xunta Electoral Central tamén inhabilita a Oriol Junqueras como eurodeputado. ERC convoca a súa executiva tras a decisión para "valorar as consecuencias".
O Goberno central paralizará o peche da venda presencial de billetes nas estacións de tren con menos afluencia e que afectaba oito de Galicia. O compromiso xorde do pacto entre Teruel Existe e o PSOE para a investidura.
A Xunta Electoral Central inhabilita a Quim Torra para seguir á fronte da Generalitat. O presidente catalán perdería así a súa acta de deputado, polo que non podería continuar á fronte do Goberno. Torra foi condenado por desobediencia polo Tribunal Superior de Cataluña por non retirar lazos amarelos de edificios públicos.