Ás nove da mañá comeza a sesión de investidura coa intervención de Pedro Sánchez, que en principio ten asegurados os apoios suficientes para ser elixido presidente o martes, por maioría simple, mais coa incógnita das consecuencias da inhabilitación de Torra. Podes seguila en directo aquí.
Fálase
A Xunta Electoral Central tamén inhabilita a Oriol Junqueras como eurodeputado. ERC convoca a súa executiva tras a decisión para "valorar as consecuencias".
O Goberno central paralizará o peche da venda presencial de billetes nas estacións de tren con menos afluencia e que afectaba oito de Galicia. O compromiso xorde do pacto entre Teruel Existe e o PSOE para a investidura.
A Xunta Electoral Central inhabilita a Quim Torra para seguir á fronte da Generalitat. O presidente catalán perdería así a súa acta de deputado, polo que non podería continuar á fronte do Goberno. Torra foi condenado por desobediencia polo Tribunal Superior de Cataluña por non retirar lazos amarelos de edificios públicos.
O Concello de Santiago recorrerá ante o Supremo a sentenza da Audiencia de Madrid que deixa as estatuas do Mestre Mateo en poder dos Franco. O alcalde, Sánchez Bugallo, di que "a nosa obriga ética e moral é defender o que é patrimonio de todos os cidadáns e cidadás de Compostela e, ademais, patrimonio da Humanidade".
O paro descendeu en 351 persoas en decembro en Galicia, ata ficar nas 165.308 inscritas como demandantes de emprego. No conxunto do 2019 o desemprego reduciuse en 3.987 persoas. Porén, a afiliación á Seguridade Social caeu en 3.331 persoas no derradeiro mes do ano.
ERC aproba o acordo co PSOE e dá luz verde á investidura de Pedro Sánchez. Ademais, o PSOE ábrese a debater calquera proposta sobre Catalunya na mesa de negociación pactada con Esquerra.
Este 1 de xaneiro, Aninovo, Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal. Pero deixámosvos moito para ler e o xoves 2 estamos de volta. Boas festas!
O Congreso fixa o pleno da investidura de Sánchez para os días 4, 5 e 7 de xaneiro. Pedro Sánchez sairía investido o día 7 por maioría simple.