O Concello de Santiago recorrerá ante o Supremo a sentenza da Audiencia de Madrid que deixa as estatuas do Mestre Mateo en poder dos Franco. O alcalde, Sánchez Bugallo, di que "a nosa obriga ética e moral é defender o que é patrimonio de todos os cidadáns e cidadás de Compostela e, ademais, patrimonio da Humanidade".
Fálase
O paro descendeu en 351 persoas en decembro en Galicia, ata ficar nas 165.308 inscritas como demandantes de emprego. No conxunto do 2019 o desemprego reduciuse en 3.987 persoas. Porén, a afiliación á Seguridade Social caeu en 3.331 persoas no derradeiro mes do ano.
ERC aproba o acordo co PSOE e dá luz verde á investidura de Pedro Sánchez. Ademais, o PSOE ábrese a debater calquera proposta sobre Catalunya na mesa de negociación pactada con Esquerra.
Este 1 de xaneiro, Aninovo, Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal. Pero deixámosvos moito para ler e o xoves 2 estamos de volta. Boas festas!
O Congreso fixa o pleno da investidura de Sánchez para os días 4, 5 e 7 de xaneiro. Pedro Sánchez sairía investido o día 7 por maioría simple.
Un milleiro de persoas concéntranse nas Pontes para demandar unha "transición xusta" e non un peche "abrupto" da central térmica de Endesa, que solicitou o cesamento da actividade a pasada semana.
O presidente do Parlamento pide ao Apóstolo Santiago que a estabilidade e o benestar das persoas “se antepoña ao tacticismo e os cálculos electoralistas”. O popular Miguel Santalices actuou novamente como delegado rexio na ofrenda da tradicional cerimonia anual da Traslación.
Pedro Sánchez e Pablo Iglesias presentan na tarde deste luns o programa do Goberno de coalición do PSOE e Unidas Podemos.
A Avogacía do Estado pide ao Supremo que permita a Junqueras tomar posesión como eurodeputado. Consulta aquí toda a información e o documento íntegro