Pedro Sánchez e Pablo Iglesias presentan na tarde deste luns o programa do Goberno de coalición do PSOE e Unidas Podemos.
Fálase
A Avogacía do Estado pide ao Supremo que permita a Junqueras tomar posesión como eurodeputado. Consulta aquí toda a información e o documento íntegro
PSOE e PNV asinan esta mañá o pacto que asegura o apoio da formación vasca á investidura de Pedro Sánchez, segundo avanza a Cadena SER
Falece aos 95 anos o arquitecto Andrés Fernández-Albalat, autor de emblemáticas obras, moitas delas na Coruña, pero tamén noutros puntos de Galicia como o complexo de Sargadelos. Foi tamén profesor emérito da UDC. Fernández-Albalat foi tamén o gran impulsor do "utópico" proxecto da Cidade das rías. Na imaxe, nunha entrevista en TVE.
PSOE e ERC ultiman o acordo para investir a Pedro Sánchez en xaneiro. O pacto está pendente do visto e prace da dirección da formación catalá e os socialistas agardan que frutifique na primeira semana do ano. Na imaxe (PSOE), encontro de negociación de ambas formacións o pasado 3 de decembro.
O Deportivo anuncia que Fernando Vázquez volve ser o seu adestrador. O club, en Segunda e en situación de descenso, divulga un vídeo no que o técnico, que xa dirixira o equipo ano e medio entre 2013 e 2014, peta na porta e pregunta “pódese?”, para asegurar a continuación que si.
VINTE fai un repaso a 20 tendencias da nosa sociedade, cultura e estilo de vida que poden mudar o que pase nos vindeiros anos.
Verín celebrou este mediodía de xeito adiantado unhas badaladas de fin de ano reivindicativas en defensa do seu hospital. Un mes despois de que a Xunta pechase o paridoiro a crise política e as mobilizacións continúan e xa está convocada unha gran manifestación para o 9 de febreiro en Santiago. (Foto: @En_Marea).
A Xunta vén de publicar o reparto das súas axudas a empresas editoras de medios de comunicación neste 2019, que suman un total de 1,9 millóns de euros. Consulta aquí a súa distribución por empresas e por grupos empresariais. Hai dúas semanas foi publicada a distribución das dirixidas a "publicacións periódicas" en galego.
O Concello de León aproba unha moción de apoio á constitución da provincia como comunidade autónoma xunto a Zamora e Salamanca á marxe da actual Castilla y León. A iniciativa retoma unha reivindicación histórica na contorna, onde baixo o lema León solo milleiros de persoas chegaran a apoiar esta reivindicación nas rúas nos anos 80, en mobilizacións como a da imaxe. (Imaxe: CC BY-NC Diario de Valderrueda)