VINTE fai un repaso a 20 tendencias da nosa sociedade, cultura e estilo de vida que poden mudar o que pase nos vindeiros anos.

VINTE fai un repaso a 20 tendencias da nosa sociedade, cultura e estilo de vida que poden mudar o que pase nos vindeiros anos.
Verín celebrou este mediodía de xeito adiantado unhas badaladas de fin de ano reivindicativas en defensa do seu hospital. Un mes despois de que a Xunta pechase o paridoiro a crise política e as mobilizacións continúan e xa está convocada unha gran manifestación para o 9 de febreiro en Santiago. (Foto: @En_Marea).
A Xunta vén de publicar o reparto das súas axudas a empresas editoras de medios de comunicación neste 2019, que suman un total de 1,9 millóns de euros. Consulta aquí a súa distribución por empresas e por grupos empresariais. Hai dúas semanas foi publicada a distribución das dirixidas a "publicacións periódicas" en galego.
O Concello de León aproba unha moción de apoio á constitución da provincia como comunidade autónoma xunto a Zamora e Salamanca á marxe da actual Castilla y León. A iniciativa retoma unha reivindicación histórica na contorna, onde baixo o lema León solo milleiros de persoas chegaran a apoiar esta reivindicación nas rúas nos anos 80, en mobilizacións como a da imaxe. (Imaxe: CC BY-NC Diario de Valderrueda)
Xaquín Núñez Sabarís gaña o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2019 coa obra Cartografías da narrativa galega contemporánea. O xurado valorou o achegamento ao discurso literario galego "desde unha perspectiva aberta á cultura de gran difusión", destacando que o seu traballo "revela cambios repertoriais na produción galega a través do estudo do thriller xacobeo, a novela viguesa e o auxe da narcofición"
Ritz-Carlton alcanza un acordo para a reestruturación de Barreras e asumirá o sobrecusto do cruceiro. A empresa estadounidense controlará finalmente o estaleiro tras meses de negociacións.
Feijóo acode á feira de Nadal que a Xunta organizou en Vigo de xeito paralelo aos actos do Concello e preséntaa como paradigma de evento solidario. O Goberno galego non desenvolve esta programación en ningunha outra localidade.
Valença e Tui preparan unha nova edición da cabalgata conxunta dos Reis Magos, que se vén celebrando nos últimos anos na Eurocidade. O domingo 5 de xaneiro as Súas Maxestades de Oriente chegarán primeiro á estación de tren da vila lusa, que percorrerán durante tres horas cunha "chuva de rebuçados" antes de desfilar por Tui acompañados por 150 figurantes
O PP galego utiliza o discurso do rei en Noiteboa para cargar contra o eventual novo goberno de Pedro Sánchez porque o PSOE está "máis preto de discurso de ERC que da sensatez de Felipe VI", di Miguel Tellado. Dende o PSdeG, Gonzalo Caballero valora que destacase a "igualdade, solidariedade e liberdade" fronte aos "extremismos", pero cre que "conviría marcar máis o discurso de defensa do Estado do Benestar e das autonomías". No BNG, Néstor Rego observa unha "expresión da visión uniformizadora do Estado", que "bate coa realidade".
Este 25 de nadal Praza non se actualiza por descanso do persoal. Pero deixamos moito para ler e o xoves estamos de volta; boas festas!