O PP galego utiliza o discurso do rei en Noiteboa para cargar contra o eventual novo goberno de Pedro Sánchez porque o PSOE está "máis preto de discurso de ERC que da sensatez de Felipe VI", di Miguel Tellado. Dende o PSdeG, Gonzalo Caballero valora que destacase a "igualdade, solidariedade e liberdade" fronte aos "extremismos", pero cre que "conviría marcar máis o discurso de defensa do Estado do Benestar e das autonomías". No BNG, Néstor Rego observa unha "expresión da visión uniformizadora do Estado", que "bate coa realidade".
Fálase
Este 25 de nadal Praza non se actualiza por descanso do persoal. Pero deixamos moito para ler e o xoves estamos de volta; boas festas!
O New York Times aborda nunha reportaxe o fenómeno das luces de Nadal de Vigo como atracción turística, pero tamén o seu impacto ambiental e as visións na cidade e da xestión da xestión do seu alcalde, Abel Caballero.
A Audiencia Provincial de Madrid desestima o recurso presentado polo Concello de Santiago sobre a propiedade das esculturas do Mestre Mateo en poder da familia Franco, como xa fixera en febreiro un xulgado de primeira instancia. A sentenza recoñece que as pezas son propiedade municipal, pero indica que non hai certeza absoluta de que sexan as mesmas estatuas
Atopado o corpo sen vida do mozo de 19 anos desaparecido o pasado domingo en Ordes, segundo avanzou a TVG e confirma SOS Desaparecidos.
O pleno de Vigo aproba cos votos da maioría absoluta do PSdeG os orzamentos municipais de 2020, que acadan os 267,7 millóns de euros. Tanto o PP como a Marea de Vigo e o BNG votaron contra o proxecto orzamentario do goberno de Abel Caballero.
VÍDEO | VINTE almorza con Óliver Laxe na súa casa dos Ancares: "Eu creo que o rural vive, a aldea está viva e ten moitas cousas que darnos. Creo neste modo de vida como un presente, como un futuro", di o director de O que arde. Xa podes ver en aberto a entrevista íntegra en VINTE.
PSdeG, Marea Atlántica e BNG asinan o acordo para aprobaren os Orzamentos da Coruña de 2020. O pacto foi rubricado pola alcaldesa da cidade, Inés Rey, xunto á voceira da Marea, María García, e o seu homólogo do Bloque, Francisco Jorquera. Consulta aquí toda a información e o documento asinado
A Mesa do Congreso autoriza a constitución do Grupo Plural, no que se integra o deputado do BNG, Néstor Rego, xunto a Jxcat (8 escanos), Más País (2), Compromís (1), Coalición Canaria (1), Nueva Canarias (1) e Teruel Existe. Divídese así por razóns "técnicas" en dous o Grupo Mixto, que nesta ocasión sumaría 21 escanos. Algunhas das formacións poden, non obstante, regresar ao Mixto nos vindeiros meses.
O presidente do Parlamento, Miguel Santalices, di que ao PP "faltoulle pedagoxía" no peche do paridoiro de Verín e nega falta de pericia entre os profesionais, primeiro argumento empregado polo Sergas para xustificar a supresión do servizo. A entrevista completa, en Radio Galicia.