A Audiencia Provincial de Madrid desestima o recurso presentado polo Concello de Santiago sobre a propiedade das esculturas do Mestre Mateo en poder da familia Franco, como xa fixera en febreiro un xulgado de primeira instancia. A sentenza recoñece que as pezas son propiedade municipal, pero indica que non hai certeza absoluta de que sexan as mesmas estatuas
Fálase
Atopado o corpo sen vida do mozo de 19 anos desaparecido o pasado domingo en Ordes, segundo avanzou a TVG e confirma SOS Desaparecidos.
O pleno de Vigo aproba cos votos da maioría absoluta do PSdeG os orzamentos municipais de 2020, que acadan os 267,7 millóns de euros. Tanto o PP como a Marea de Vigo e o BNG votaron contra o proxecto orzamentario do goberno de Abel Caballero.
VÍDEO | VINTE almorza con Óliver Laxe na súa casa dos Ancares: "Eu creo que o rural vive, a aldea está viva e ten moitas cousas que darnos. Creo neste modo de vida como un presente, como un futuro", di o director de O que arde. Xa podes ver en aberto a entrevista íntegra en VINTE.
PSdeG, Marea Atlántica e BNG asinan o acordo para aprobaren os Orzamentos da Coruña de 2020. O pacto foi rubricado pola alcaldesa da cidade, Inés Rey, xunto á voceira da Marea, María García, e o seu homólogo do Bloque, Francisco Jorquera. Consulta aquí toda a información e o documento asinado
A Mesa do Congreso autoriza a constitución do Grupo Plural, no que se integra o deputado do BNG, Néstor Rego, xunto a Jxcat (8 escanos), Más País (2), Compromís (1), Coalición Canaria (1), Nueva Canarias (1) e Teruel Existe. Divídese así por razóns "técnicas" en dous o Grupo Mixto, que nesta ocasión sumaría 21 escanos. Algunhas das formacións poden, non obstante, regresar ao Mixto nos vindeiros meses.
O presidente do Parlamento, Miguel Santalices, di que ao PP "faltoulle pedagoxía" no peche do paridoiro de Verín e nega falta de pericia entre os profesionais, primeiro argumento empregado polo Sergas para xustificar a supresión do servizo. A entrevista completa, en Radio Galicia.
Tres mortos en Curtis por unha intoxicación por monóxido de carbono. Un matrimonio de octoxenarios e o seu fillo foron os falecidos.
Os membros do goberno local de Barreiros depositan no Concello as participacións de lotaría que recibiron como agasallo nos últimos días para que, no caso de seren premiados, os cartos pasen ás arcas públicas. "Desde o goberno agradecen a todas as persoas ou compañías que tiveron o detalle coa institución municipal ou as persoas que a representan e, como tal, consideran que se reparten sorte, debe ser compartida", indica a alcaldesa, Ana Ermida (BNG).
ERC ve posible unha investidura de Sánchez antes do día de Reis. Os republicanos confían en chegar a un acordo co PSOE na última semana do ano e ratificalo no Consell Nacional para Noitevella.