Tres mortos en Curtis por unha intoxicación por monóxido de carbono. Un matrimonio de octoxenarios e o seu fillo foron os falecidos.

Tres mortos en Curtis por unha intoxicación por monóxido de carbono. Un matrimonio de octoxenarios e o seu fillo foron os falecidos.
Os membros do goberno local de Barreiros depositan no Concello as participacións de lotaría que recibiron como agasallo nos últimos días para que, no caso de seren premiados, os cartos pasen ás arcas públicas. "Desde o goberno agradecen a todas as persoas ou compañías que tiveron o detalle coa institución municipal ou as persoas que a representan e, como tal, consideran que se reparten sorte, debe ser compartida", indica a alcaldesa, Ana Ermida (BNG).
ERC ve posible unha investidura de Sánchez antes do día de Reis. Os republicanos confían en chegar a un acordo co PSOE na última semana do ano e ratificalo no Consell Nacional para Noitevella.
Voos cancelados nos tres aeroportos, tráfico restrinxido na A-8 e 8.000 fogares galegos sen luz, primeiras consecuencias da borrasca Fabien, que provocou xa ventos de ata 166 km/h. Máis información, hoxe en Praza.gal. Foto: Protección Civil Culleredo.
Martiño Noriega encargarase das relacións políticas de Anova, que apela a iniciar xa o diálogo "á esquerda do PSOE" para "desputar a hexemonía" ao PP nas vindeiras autonómicas.
Vinte almorza con Óliver Laxe na súa casa dos Ancares. Unha conversa pausada co director d'O que arde' na cociña de leña.
Preacordo para o histórico convenio do fútbol feminino. A Asociación de Clubs Femininos e os sindicatos alcanzan un pacto que deberá ser ratificado agora por equipos e xogadoras.
Os fortes ventos comezan a complicar a xornada en Galicia, en alerta vermella, de risco extremo, por refachos de ata 140 km/h. A borrasca Fabien achégase xa ás costas galegas e o 112 difundiu as recomendacións habituais para episodios como o desta fin de semana.
Toda Galicia estará mañá en alerta vermella no mar e laranxa en terra por refachos de vento de máis de 100 quilómetros por hora. A Axencia Galega de Emerxencias difunde as recomendacións habituais diante destes episodios, como evitar os desprazamentos por estrada e as contornas próximas ao litoral. (Imaxe: Meteogalicia)
O persoal mobilizado da TVG e da Radio Galega protesta no 83º venres negro "para que cambio o rumbo da CRTVG" e promete continuar coas reivindicacións "ata que escampe". A lei dos medios públicos fai oito anos con artigos clave sen cumprir.