O persoal mobilizado da TVG e da Radio Galega protesta no 83º venres negro "para que cambio o rumbo da CRTVG" e promete continuar coas reivindicacións "ata que escampe". A lei dos medios públicos fai oito anos con artigos clave sen cumprir.

O persoal mobilizado da TVG e da Radio Galega protesta no 83º venres negro "para que cambio o rumbo da CRTVG" e promete continuar coas reivindicacións "ata que escampe". A lei dos medios públicos fai oito anos con artigos clave sen cumprir.
Feijóo proclama, ao fío da sentenza do Tribunal de Xustiza da UE sobre Junqueras e as súas consecuencias na Eurocámara, que "Europa non lle ten respecto ao Reino de España porque o Reino de España non se ten respecto a si mesmo" por culpa do PSOE. Son declaracións do presidente da Xunta á cadea de radio EsRadio que recolleu a TVG
Andrea Vázquez. Inocencia e coraxe para producir 'O que arde’. Os Papeis da Academia Galega do Audiovisual afondan no traballo da produtora por tras do filme de Óliver Laxe, que xa é á película en galego máis vista da historia nas salas. (Imaxe: ©Tamara de la Fuente / AGA). Toda a publicación xa se pode consultar nesta ligazón
O novo Parlamento británico aproba o plan de Boris Johnson para executar o Brexit antes do 31 de xaneiro. O primeiro ministro británico estrea así a maioría absoluta obtida nas pasadas eleccións, analizadas aquí na nosa sección de podcast desde o Reino Unido Té con Gotas.
O Tribunal de Xustiza da UE anula a decisión pola que impediu a Puigdemont acceder á sesión inaugural da lexislatura no Parlamento Europeo.
A Xunta Electoral Central abre expediente ao PP polas mensaxes SMS pedindo o voto no nome de Pablo Casado durante o derradeiro día da campaña das eleccións xerais.
A folga de CGT en Renfe deixa este venres sen circular un total de 43 trens de media e longa distancia en Galicia. O sindicato leva anos alertando da progresiva redución de persoal na empresa pública que á súa vez provoca atrasos e cancelacións de trens.
Centos de persoas responden á convocatoria de Queremos Galego e esixen á Xunta e o resto de Administracións cumpriren as reclamacións do Consello de Europa sobre a protección da lingua galega, especialmente no ensino
Beatriz Mato abandona a política. A ex-conselleira e edil na Coruña deixa a dirección do PP local, o grupo municipal e o Parlamento de Galicia. A que fora responsable de Traballo e Benestar ou Medio Ambiente en gobernos da Xunta pasa á actividade privada. Nas últimas eleccións municipais, mantivo o PP como primeira forza na Coruña pero a esquerda foi moi maioritaria na cidade.
O pleno de Santiago aproba a suspensión da apertura de novos apartamentos turísticos cos votos a prol de PSdeG, Compostela Aberta e BNG. O PP optou pola abstención.