A Xunta Electoral Central abre expediente ao PP polas mensaxes SMS pedindo o voto no nome de Pablo Casado durante o derradeiro día da campaña das eleccións xerais.

A Xunta Electoral Central abre expediente ao PP polas mensaxes SMS pedindo o voto no nome de Pablo Casado durante o derradeiro día da campaña das eleccións xerais.
A folga de CGT en Renfe deixa este venres sen circular un total de 43 trens de media e longa distancia en Galicia. O sindicato leva anos alertando da progresiva redución de persoal na empresa pública que á súa vez provoca atrasos e cancelacións de trens.
Centos de persoas responden á convocatoria de Queremos Galego e esixen á Xunta e o resto de Administracións cumpriren as reclamacións do Consello de Europa sobre a protección da lingua galega, especialmente no ensino
Beatriz Mato abandona a política. A ex-conselleira e edil na Coruña deixa a dirección do PP local, o grupo municipal e o Parlamento de Galicia. A que fora responsable de Traballo e Benestar ou Medio Ambiente en gobernos da Xunta pasa á actividade privada. Nas últimas eleccións municipais, mantivo o PP como primeira forza na Coruña pero a esquerda foi moi maioritaria na cidade.
O pleno de Santiago aproba a suspensión da apertura de novos apartamentos turísticos cos votos a prol de PSdeG, Compostela Aberta e BNG. O PP optou pola abstención.
Uns 9.500 fogares están sen luz en Galicia por mor dos efectos do temporal. Segundo Naturgy -antiga Fenosa- a maior parte das avarías concéntranse no sur do país. As incidencias tamén están a ser numerosas pola caída de pólas nos tendidos telefónicos. (Mapa: Naturgy)
A plataforma Queremos Galego maniféstase este serán nas sete principais cidades para reclamar o cumprimento das "demandas do Consello de Europa" para a lingua galega no seu recente informe, que inclúe reclamacións como a fin das "limitacións" á docencia en galego. Consulta aquí as horas e lugares das mobilizacións
O Tribunal de Xustiza da Unión Europea resolve que Oriol Junqueras, líder de ERC, tiña inmunidade como eurodeputado cando estaba en prisión provisional e tiña dereito a asumir a súa condición plena de membro do Parlamento Europeo. Consulta aquí a información e a sentenza íntegra.
Montse Dopico recolleu este mércores o premio Alfredo Vicenti de Xornalismo Cívico, concedido polo Ateneo de Santiago por unha entrevista publicada en Praza.gal á profesora e investigadora da UDC Belén Fernández Suárez a respecto dos seus estudos sobre migracións. O traballo de Montse Dopico tamén foi distinguido recentemente cun dos premios Comunicar en Igualdade, que galardoaron dúas reportaxes publicadas en Praza.gal. (Imaxe: Ateneo de Santiago)
O forte temporal deixa case 400 incidencias ata media tarde por toda Galicia. Caídas de árbores e pólas ou asolagamentos de estradas e vivendas están a ser as máis frecuentes, segundo o 112, que advirte tamén do risco de desbordamentos de varios ríos. Na imaxe, unha rúa asolagada no Concello de Bergondo, esta tarde.