Este 25 de nadal Praza non se actualiza por descanso do persoal. Pero deixamos moito para ler e o xoves estamos de volta; boas festas!

Este 25 de nadal Praza non se actualiza por descanso do persoal. Pero deixamos moito para ler e o xoves estamos de volta; boas festas!
O New York Times aborda nunha reportaxe o fenómeno das luces de Nadal de Vigo como atracción turística, pero tamén o seu impacto ambiental e as visións na cidade e da xestión da xestión do seu alcalde, Abel Caballero.
A Audiencia Provincial de Madrid desestima o recurso presentado polo Concello de Santiago sobre a propiedade das esculturas do Mestre Mateo en poder da familia Franco, como xa fixera en febreiro un xulgado de primeira instancia. A sentenza recoñece que as pezas son propiedade municipal, pero indica que non hai certeza absoluta de que sexan as mesmas estatuas
Atopado o corpo sen vida do mozo de 19 anos desaparecido o pasado domingo en Ordes, segundo avanzou a TVG e confirma SOS Desaparecidos.
O pleno de Vigo aproba cos votos da maioría absoluta do PSdeG os orzamentos municipais de 2020, que acadan os 267,7 millóns de euros. Tanto o PP como a Marea de Vigo e o BNG votaron contra o proxecto orzamentario do goberno de Abel Caballero.
VÍDEO | VINTE almorza con Óliver Laxe na súa casa dos Ancares: "Eu creo que o rural vive, a aldea está viva e ten moitas cousas que darnos. Creo neste modo de vida como un presente, como un futuro", di o director de O que arde. Xa podes ver en aberto a entrevista íntegra en VINTE.
PSdeG, Marea Atlántica e BNG asinan o acordo para aprobaren os Orzamentos da Coruña de 2020. O pacto foi rubricado pola alcaldesa da cidade, Inés Rey, xunto á voceira da Marea, María García, e o seu homólogo do Bloque, Francisco Jorquera. Consulta aquí toda a información e o documento asinado
A Mesa do Congreso autoriza a constitución do Grupo Plural, no que se integra o deputado do BNG, Néstor Rego, xunto a Jxcat (8 escanos), Más País (2), Compromís (1), Coalición Canaria (1), Nueva Canarias (1) e Teruel Existe. Divídese así por razóns "técnicas" en dous o Grupo Mixto, que nesta ocasión sumaría 21 escanos. Algunhas das formacións poden, non obstante, regresar ao Mixto nos vindeiros meses.
O presidente do Parlamento, Miguel Santalices, di que ao PP "faltoulle pedagoxía" no peche do paridoiro de Verín e nega falta de pericia entre os profesionais, primeiro argumento empregado polo Sergas para xustificar a supresión do servizo. A entrevista completa, en Radio Galicia.
Tres mortos en Curtis por unha intoxicación por monóxido de carbono. Un matrimonio de octoxenarios e o seu fillo foron os falecidos.