A CUP apoiará a cuestión de confianza de Puigdemont, mesmo sen a incorporación do referendo unilateral de independencia (RUI), evitando así a convocatoria de novas eleccións en Cataluña
Fálase
O PP proclama que "en Galicia, o candidato de Ciudadanos chámase Alberto Núñez Feijóo". Afirmouno Miguel Tellado nunha rolda de prensa en Ferrol que recolle La Voz, na que considerou que votar por C's é guindar o voto "ao lixo" e favorecer os "radicais". Faino despois de que Albert Rivera se ofrecese a soster o goberno do PP se Feijóo non logra a maioría absoluta.
O incendio que este domingo arrasou 100 hectáreas en Chantada vén de ser controlado, segundo a información de Medio Rural. Este domingo foi extinguido outro en Padrenda, que queimara 37 hectáreas.
"Se Feijóo non logra a maioría e depende de C's, Galicia terá goberno". Albert Rivera, entrevistado en Faro de Vigo, afirma con rotundidade que os votos de Ciudadanos en Galicia servirán para conformar un executivo do Partido Popular
O SPD repite vitoria nas eleccións de Mecklemburgo-Anteporemania, nas que a AfD, co 20% dos votos, se converteu na segunda forza, superando a CDU
De Guindos non ten "prevista" unha comparecencia expresa no Congreso para render contas polo nomeamento de Soria, pero afirma que dará explicacións se os grupos o propoñen noutra comparecencia non específica sobre o tema.
En Marea e PSdeG-PSOE critican a negativa de Feijoo a asistir a debates que non se celebren na TVG. Os socialistas denuncian que o candidato do PP "só aceptou o da canle pública porque non será un auténtico debate e xoga na casa". En Marea sinala que "Feijoo rexeita dar a cara en televisións fóra do seu control".
O PP presentou o seu programa para as eleccións do 25S. A formación promete a aprobación dunha nova Lei de Agricultura con incentivos para desenvolver a vida no rural e máis apoio aos autónomos e autónomas
En Marea presentou esta mañá a súa imaxe de campaña, facendo fincapé no obxectivo de construír "un país xusto".
Leiceaga promete convocar 3.500 prazas en educación e sanidade en catro anos se é presidente. O candidato socialista afirma que a súa primeira medida sería un plan para que 10.000 mozos e mozas poidan incorporarse cada ano ao mercado de traballo.