Diego Torres afirma que Urdangarin lle prometeu un posto de traballo a cambio de asumir a culpa no caso Nóos. En entrevista con Ana Pastor, di que a Casa Real "coñecía e mesmo colaboraba" coa actividade do Instituto Nóos. Este luns comeza o xuízo, no que Anticorrupción pide 19 anos para Urdangarin e 16 para Torres
