28A | O BNG denuncia novas pintadas ameazantes contra Carme da Silva, cabeza de lista ao Congreso por Pontevedra e edil no goberno pontevedrés. "A compañeira e candidata ao Congreso outra vez na diana da mafia. Que lles quede claro que non daremos un paso atrás na defensa de Galiza e dos nosos ideais", afirma a formación nacionalista. Unha pintada semellante contra Da Silva xa aparecera o pasado marzo.
