O fiscal de Medio Ambiente de Galicia resalta que en torno ao 80% dos incendios son intencionados, pero apenas "o 3% ou 4% teñen intención de facer mal", sinala Álvaro García Ortiz na Cadena SER a partir dos datos que manexa a Fiscalía.
Fálase
Este domingo celébrase o 72ª aniversario da primeira emisión do Galician Programme da BBC (en 1947), o primeiro programa estable de radio en lingua galega. Plácido Castro foi o autor de 12 guións e fixo de locutor en varias ocasións
Un milleiro de persoas pediron este sábado en Lira (Carnota) o indulto para o expresidente dos percebeiros da localidade, Manuel Martínez Lustres. Debe ingresar en prisión por un suceso que tivo en lugar en 2013 cando, denuncia, tivo que defenderse do ataque duns percebeiros furtivos
PP e PSOE obterían 10 escanos cada un en Galicia, por 2 de En Común e 1 de Ciudadanos, segundo a enquisa que publica este domingo La Voz de Galicia. Vox, BNG e En Marea ficarían sen representación
O Pescados Rubén Burela FS ascendeu este sábado á Primeira División do Fútbol Sala, tras empatar na casa ante o Noia (3-3). O equipo laranxa regresa á máxima categoría, despois de dous anos en Segunda.
Un gran número de actos celebran este domingo en toda Galicia o 88 aniversario da Segunda República. Ferrol, Lousame, A Pobra do Caramiñal, Narón, Padrón, Vigo ou Ourense haberá actos conmemorativos e de homenaxe ás vítimas da represión franquista. Nalgúns lugares, como Cedeira, as convocatorias adiantáronse a este sábado, lembrando os represaliados e presos no campo de concentración que funcionou na vila
Juan Carlos Piñeiro, secretario xeral de Compromiso por Galicia, ocupará o terceiro posto na lista da Coalición por unha Europa Solidaria (CEUS) para as eleccións europeas, que será encabezada por Izaskun Bilbao (PNV). Coalición Canaria ocupará a segunda praza e Geroa Bai a cuarta, nunha candidatura que tamén integran a Plataforma pelas Illes e o Partido Demócrata Valenciano.
28A | Lugo, Padrón, Barreiros, A Cañiza, Tui e Vigo acollerán os principais actos de campaña deste sábado, na que Alberto Garzón apoiará a campaña de En Común-Unidas Podemos na cidade olívica
Os equipos de futbol sala de Burela dedican este sábado os seus encontros a apoiar a divulgación da endometriose, unha doenza que sofren máis de 30.000 mulleres en Galicia. O equipo masculino xoga contra o Noia, buscando o ascenso á primeira división, e o feminino contra o Futsi Atlético, nun encontro decisivo para liderar a máxima categoría. Ambos os dous partidos poderán verse pola TVG2
Persoal da CRTVG volve protestar no 47º venres negro contra a manipulación e polo cumprimento da lei de Medios, xusto no inicio da campaña electoral. Sermos Galiza denuncia que a CRTVG pediulle a través dun burofax que rectificase unha información na que a cantante Sés denunciaba o veto por parte dos medios públicos.