28A | Lugo, Padrón, Barreiros, A Cañiza, Tui e Vigo acollerán os principais actos de campaña deste sábado, na que Alberto Garzón apoiará a campaña de En Común-Unidas Podemos na cidade olívica
Fálase
Os equipos de futbol sala de Burela dedican este sábado os seus encontros a apoiar a divulgación da endometriose, unha doenza que sofren máis de 30.000 mulleres en Galicia. O equipo masculino xoga contra o Noia, buscando o ascenso á primeira división, e o feminino contra o Futsi Atlético, nun encontro decisivo para liderar a máxima categoría. Ambos os dous partidos poderán verse pola TVG2
Persoal da CRTVG volve protestar no 47º venres negro contra a manipulación e polo cumprimento da lei de Medios, xusto no inicio da campaña electoral. Sermos Galiza denuncia que a CRTVG pediulle a través dun burofax que rectificase unha información na que a cantante Sés denunciaba o veto por parte dos medios públicos.
28A | Ferrol, Pontevedra, Ourense, Vilagarcía e A Lama acollen este venres os actos centrais das principais forzas políticas no primeiro día da campaña. Podes consultar neste mapa as horas e lugares nos que se celebran.
Xabier Deive, novo presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia con Mónica García como vicepresidenta. Sheyla Fariña é a nova secretaria da directiva, segundo vén de informar a asociación.
28A | O Consello de Informativos de TVE considera un "desprezo" que Pedro Sánchez acuda ao debate electoral convocado por Atresmedia pero non teña previsto participar no organizado pola canle pública estatal. Así o recolleu o Telediario da propia Televisión Española.
28A | O PSOE sería a primeira forza nas eleccións xerais con entre 112 e 117 escanos e menos de catro puntos por diante do PP, segundo a enquisa de Celeste-Tel que ofrece este venres eldiario.es. Ciudadanos sería a terceira forza e Unidas Podemos, a cuarta cunha forte caída. Este inquérito outorga 3 escanos a En marea.
Pedro Sánchez acepta o debate de Atresmedia coa presenza de Vox pero rexeita o de TVE coas catro grandes forzas estatais con representación parlamentaria.
Semana Santa. 10 plans baratos para facer nunha das semanas máis raras do ano. Vinte achega unha decena de ideas para aproveitar os vindeiros días festivos en Galicia.
Julian Assange vén de de ser detido, despois de que Ecuador revogase o seu dereito de asilo. O fundador de Wikileaks levaba case sete anos na embaixada do país americano en Londres para evitar a súa extradición aos Estados Unidos, onde está acusado de revelar documentos clasificados do exército norteamericano sobre a Guerra de Afganistán.