Semana Santa. 10 plans baratos para facer nunha das semanas máis raras do ano. Vinte achega unha decena de ideas para aproveitar os vindeiros días festivos en Galicia.

Semana Santa. 10 plans baratos para facer nunha das semanas máis raras do ano. Vinte achega unha decena de ideas para aproveitar os vindeiros días festivos en Galicia.
Julian Assange vén de de ser detido, despois de que Ecuador revogase o seu dereito de asilo. O fundador de Wikileaks levaba case sete anos na embaixada do país americano en Londres para evitar a súa extradición aos Estados Unidos, onde está acusado de revelar documentos clasificados do exército norteamericano sobre a Guerra de Afganistán.
A UE acorda co Reino Unido adiar o Brexit ata o 31 de outubro para evitar a ruptura sen acordo. Pero a incerteza política sobre o que sucederá permanece. (Na imaxe, do Consello Europeo, Theresa May e Donald Tusk)
As principais forzas políticas galegas debaten na Cadena SER ás portas das eleccións xerais. Participan representantes de PP, PSdeG, En Marea, En Común-Podemos e BNG Pódese seguir o debate ao vivo nesta ligazón. (Imaxe: BNG)
Galicia a resistencia dun país minguante. Catalunya Ràdio traza un retrato de Galicia dentro da súa serie de reportaxes sobre as "preocupacións da cidadanía" de diferentes puntos do Estado cara ás eleccións xerais do 28A. Unha reportaxe de Joan Rusiñol.
Casado manifesta a súa intención de rebaixar o salario mínimo a 850 euros para "cumplir a negociación" do Goberno de Rajoy con patronal e sindicatos. Horas despois o líder do PP asegurou que se trata dunha mentira dos medios que recolleron as súas palabras.
GCiencia emite en directo a rolda de prensa do #EHTblackhole na que se dan a coñecer imaxes inéditas sobre os buracos negros.
Vinte faise eco do proxecto #Euen10anos, actividade artística na que os alumnos de galego do Instituto Cañada Blach de Londres imaxinan o seu futuro.
España pediu dous meses máis para contestar ao procedemento de infracción que lle abriu a Comisión Europea por seguridade ferroviaria, asegura a eurodeputada do BNG Ana Miranda tras reunirse con cargos comunitarios. A nacionalista reunirase de novo a próxima semana coa comisaria de Transporte, Violeta Bulc, e pediralle que antes de que en novembro remate o seu mandato tome unha decisión definitiva sobre actuación de España no accidente de Angrois.
A Audiencia da Coruña ordena repetir o xuízo ao alcalde de Cerceda, José García Liñares (PSdeG) ao considerar que o xuíz Vázquez Taín, que o inhabilitou por prevaricación, non foi "imparcial".