Vinte faise eco do proxecto #Euen10anos, actividade artística na que os alumnos de galego do Instituto Cañada Blach de Londres imaxinan o seu futuro.

Vinte faise eco do proxecto #Euen10anos, actividade artística na que os alumnos de galego do Instituto Cañada Blach de Londres imaxinan o seu futuro.
España pediu dous meses máis para contestar ao procedemento de infracción que lle abriu a Comisión Europea por seguridade ferroviaria, asegura a eurodeputada do BNG Ana Miranda tras reunirse con cargos comunitarios. A nacionalista reunirase de novo a próxima semana coa comisaria de Transporte, Violeta Bulc, e pediralle que antes de que en novembro remate o seu mandato tome unha decisión definitiva sobre actuación de España no accidente de Angrois.
A Audiencia da Coruña ordena repetir o xuízo ao alcalde de Cerceda, José García Liñares (PSdeG) ao considerar que o xuíz Vázquez Taín, que o inhabilitou por prevaricación, non foi "imparcial".
Suspendida a folga indefinida na limpeza dos hospitais galegos que ía comezar mañá tras o acordo acadado a través da mediación. O pacto implica o pagamento dun plus de carreira profesional, segundo confirman CIG e CC.OO. O comité de folga advirte de que se as empresas Clece, Grupo Norte, Grupo Faro e Ilunion non pagan a equiparación salarial en sete días, "reactivarán a folga".
Xosé Antonio Neira Cruz gaña o XXI Certame de Narración Curta Ánxel Fole coa súa obra Veleno de tinta impresa. O xurado profesional do certame, convocado polo Concello de Lugo, estaba composto desta volta por Luz Darriba, Xosé Cid -anterior gañador- e Manuel Bragado. A obra será publicada por Xerais.
Máis de 150 persoeiros do ámbito da cultura asinan un manifesto a prol do BNG de cara ás eleccións xerais. Aquí e Agora reclama o voto ao Bloque "para Galiza ter voz propia".
Investigado no caso Villarejo o xornalista Alberto Pozas, asesor de comunicación de Pedro Sánchez na Moncloa que dimitiu a pasada semana
A Comisión Europea admite "dúbidas" sobre a lei española que permite trazar perfís ideolóxicos da cidadanía en internet para enviar propaganda electoral, pero non actuará antes das eleccións xerais.
Desconvocada a folga na Atención Primaria prevista desde mañá e ata o vindeiro xoves tras aceptar a Xunta negociar en dúas mesas todas as reivindicacións feitas pola Coordinadora Galega de Atención Primaria. Os sindicatos CCOO, CIG, UGT, CEMS-O'MEGA e CSIF decidiron desconvocar o parto de tres días. Consulta aquí toda a información
O segundo tempo do Bestiario do vestiario, as historias arredor do deporte que Martiño Suárez foi publicando en Praza.gal, preséntase esta tarde en Lugo xa en forma de libro ás 19.00 horas na Librería Trama cun miniconcerto de Grampoder interpretando cancións sobre o deporte.