Máis de 150 persoeiros do ámbito da cultura asinan un manifesto a prol do BNG de cara ás eleccións xerais. Aquí e Agora reclama o voto ao Bloque "para Galiza ter voz propia".

Máis de 150 persoeiros do ámbito da cultura asinan un manifesto a prol do BNG de cara ás eleccións xerais. Aquí e Agora reclama o voto ao Bloque "para Galiza ter voz propia".
Investigado no caso Villarejo o xornalista Alberto Pozas, asesor de comunicación de Pedro Sánchez na Moncloa que dimitiu a pasada semana
A Comisión Europea admite "dúbidas" sobre a lei española que permite trazar perfís ideolóxicos da cidadanía en internet para enviar propaganda electoral, pero non actuará antes das eleccións xerais.
Desconvocada a folga na Atención Primaria prevista desde mañá e ata o vindeiro xoves tras aceptar a Xunta negociar en dúas mesas todas as reivindicacións feitas pola Coordinadora Galega de Atención Primaria. Os sindicatos CCOO, CIG, UGT, CEMS-O'MEGA e CSIF decidiron desconvocar o parto de tres días. Consulta aquí toda a información
O segundo tempo do Bestiario do vestiario, as historias arredor do deporte que Martiño Suárez foi publicando en Praza.gal, preséntase esta tarde en Lugo xa en forma de libro ás 19.00 horas na Librería Trama cun miniconcerto de Grampoder interpretando cancións sobre o deporte.
Fernando Suárez Barcia repite como cabeza de lista do BNG á alcaldía de Ribadeo. Esta mañá foi presentada a candidatur nun acto que contou coa presenza da portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón, que pide "revalidar o proxecto" de Suárez na vila mariñá.
O Deportivo destitúe o seu adestrador. Natxo González abandona o banco do equipo coruñés logo dunha mala xeira de resultados.
A brigada policial para, segundo as investigacións xudiciais e parlamentarias, perseguir rivais do PP e limpar escándalos de corrupción, sae á luz sen consecuencias políticas inmediatas. Unha información de eldiario.es
O Parlamento entrega a súa Medalla a representantes da emigración galega no aniversario da promulgación do Estatuto de Autonomía. Esta homenaxe debe reafirmar "a obriga e o compromiso de seguir creando as condicións para que emigrar sexa só, unha opción voluntaria, nunca unha obriga", afirmou o presidente da Cámara, Miguel Santalices, no seu discurso.
A escritora e xornalista Ana Romaní ingresará este sábado na Real Academia Galega. Será nun pleno extraordinario público da institución dende as 12 do mediodía no Teatro Coliseo Noela, en Noia. Romaní asume a cadeira que quedara vacante tras o falecemento de Xohana Torres. O máis destacado do acto, hoxe en Praza.