O Parlamento entrega a súa Medalla a representantes da emigración galega no aniversario da promulgación do Estatuto de Autonomía. Esta homenaxe debe reafirmar "a obriga e o compromiso de seguir creando as condicións para que emigrar sexa só, unha opción voluntaria, nunca unha obriga", afirmou o presidente da Cámara, Miguel Santalices, no seu discurso.
