A Ribeira Sacra xa é oficialmente candidata a ser declarada Patrimonio Mundial pola Unesco. A súa "potente" candidatura foi ratificada polo Consello de Patrimonio Histórico do Ministerio de Cultura, reunido no Parador de Santo Estevo,

A Ribeira Sacra xa é oficialmente candidata a ser declarada Patrimonio Mundial pola Unesco. A súa "potente" candidatura foi ratificada polo Consello de Patrimonio Histórico do Ministerio de Cultura, reunido no Parador de Santo Estevo,
Theresa May pide un novo adiamento do Brexit, agora ata o 30 de xuño. A primeira ministra británica xa formulou oficialmente a petición á UE.
A detención dun home que axudou a morrer a súa esposa, que padecía unha avanzada esclerose múltiple, aviva o debate público sobre a necesidade dunha lei de eutanasia. Ángel Hernández quedou en liberdade sen medidas cautelares na noite do xoves, pero séguese enfrontando a unha posible condena de cárcere.
O PSOE sería a primeira forza do Congreso tras as xerais do 28 de abril. A segunda sería o PP, á alza pola caída na expectativa de voto de Ciudadanos e da formación de extrema dereita Vox. Podemos ocuparía a cuarta posición cunha trintena de escanos, segundo a enquisa de Celeste-Tel para eldiario.es, que augura 3 escanos para En Marea.
O xuíz envía a prisión comunicada e sen fianza o ex-presidente de Xóvenes Agricultores no marco da operación contra a trata de mulleres na que foi detido. Fontes do TSXG confirman que xunto a Juan Pérez Miramontes foi encarcerada outra das persoas detidas na operación. O resto quedan en liberdade con comparecencias quincenais nos xulgados e foilles retirado o pasaporte.
Unidas Podemos propón unha auditoría ao franquismo para devolver os "bens espoliados", como o Pazo de Meirás. A formación propón tamén retirar medallas a torturadores como Billy el Niño e "anular" os xuízos franquistas.
Este mércores botaron a andar as actividades do Carballo Interplay, que chegarán ata o sábado. Velaquí unha ducia de gifs para non perder(se) no festival de contidos audiovisuais
O Goberno aproba por maioría os decretos sociais a pesar das manobras de PP e Ciudadanos. O Congreso avala as reformas de igualdade, desemprego e mercado do alugueiro cos votos favorables dos partidos que investiron a Pedro Sánchez
Té con Gotas publica o seu novo podcast desde o Reino Unido. Desta volta analiza a política de vivenda en UK e entrevista a Iria Carreira, unha deseñadora que participa na construción da nova sede de Google en Inglaterra.
As inscricións nas oficinas de emprego reducíronse en 2.868 o pasado marzo en Galicia, ata as 170.841. Son 14.262 menos que un ano antes. No mesmo mes o número medio de cotizantes na Seguridade Social volveu superar o millón de persoas ao aumentar en 7.094; son 19.521 máis que doce meses antes. Toda a información, hoxe en Praza.gal.