A forte sarabiada caída no serán do venres en Santiago causou un accidente múltiple na AP-9 ao seu paso pola capital galega, preto da ligazón coa Cidade da Cultura inaugurada o pasado febreiro. Unha persoa tivo que ser excarcerada do seu vehículo e outras seis resultaron feridas, segundo o 112. En anteriores accidentes ligados á meteoroloxía Audasa tentou culpar os condutores.
Fálase
Falece aos 79 anos o empresario lucense Jesús Lence, propietario do grupo Leche Río e doutras varias empresas en varios sectores. Era tamén un dos principais accionistas do Club Baloncesto Breogán e patrocinador de varios clubs deportivos galegos.
Dimite o director de Información da Secretaría de Estado de Comunicación, Alberto Pozas, tras ser vinculado co caso Villarejo na súa etapa como director da desaparecida revista Interviú. Pozas formaba parte do gabinete de comunicación máis próximo ao equipo de Pedro Sánchez na Moncloa.
O comité de folga mantén os paros na Atención Primaria tras unha xuntanza co Sergas. O luns manterán unha nova reunión onde Sanidade aclarará se abre ou non unha mesa de diálogo que podería frear a convocatoria prevista para os días 9, 10 e 11 de abril.
Oito galegas de Bos Aires. Vinte tira unha escolma de imaxes do proxecto Galegas de Bos Aires, co que Aymará Ghiglione foi premiada no Concurso Internacional de Fotografía Miradas de Iberoamérica 2018.
A Ribeira Sacra xa é oficialmente candidata a ser declarada Patrimonio Mundial pola Unesco. A súa "potente" candidatura foi ratificada polo Consello de Patrimonio Histórico do Ministerio de Cultura, reunido no Parador de Santo Estevo,
Theresa May pide un novo adiamento do Brexit, agora ata o 30 de xuño. A primeira ministra británica xa formulou oficialmente a petición á UE.
A detención dun home que axudou a morrer a súa esposa, que padecía unha avanzada esclerose múltiple, aviva o debate público sobre a necesidade dunha lei de eutanasia. Ángel Hernández quedou en liberdade sen medidas cautelares na noite do xoves, pero séguese enfrontando a unha posible condena de cárcere.
O PSOE sería a primeira forza do Congreso tras as xerais do 28 de abril. A segunda sería o PP, á alza pola caída na expectativa de voto de Ciudadanos e da formación de extrema dereita Vox. Podemos ocuparía a cuarta posición cunha trintena de escanos, segundo a enquisa de Celeste-Tel para eldiario.es, que augura 3 escanos para En Marea.
O xuíz envía a prisión comunicada e sen fianza o ex-presidente de Xóvenes Agricultores no marco da operación contra a trata de mulleres na que foi detido. Fontes do TSXG confirman que xunto a Juan Pérez Miramontes foi encarcerada outra das persoas detidas na operación. O resto quedan en liberdade con comparecencias quincenais nos xulgados e foilles retirado o pasaporte.