GCiencia emite en directo a rolda de prensa do #EHTblackhole na que se dan a coñecer imaxes inéditas sobre os buracos negros.

GCiencia emite en directo a rolda de prensa do #EHTblackhole na que se dan a coñecer imaxes inéditas sobre os buracos negros.
Vinte faise eco do proxecto #Euen10anos, actividade artística na que os alumnos de galego do Instituto Cañada Blach de Londres imaxinan o seu futuro.
España pediu dous meses máis para contestar ao procedemento de infracción que lle abriu a Comisión Europea por seguridade ferroviaria, asegura a eurodeputada do BNG Ana Miranda tras reunirse con cargos comunitarios. A nacionalista reunirase de novo a próxima semana coa comisaria de Transporte, Violeta Bulc, e pediralle que antes de que en novembro remate o seu mandato tome unha decisión definitiva sobre actuación de España no accidente de Angrois.
A Audiencia da Coruña ordena repetir o xuízo ao alcalde de Cerceda, José García Liñares (PSdeG) ao considerar que o xuíz Vázquez Taín, que o inhabilitou por prevaricación, non foi "imparcial".
Suspendida a folga indefinida na limpeza dos hospitais galegos que ía comezar mañá tras o acordo acadado a través da mediación. O pacto implica o pagamento dun plus de carreira profesional, segundo confirman CIG e CC.OO. O comité de folga advirte de que se as empresas Clece, Grupo Norte, Grupo Faro e Ilunion non pagan a equiparación salarial en sete días, "reactivarán a folga".
Xosé Antonio Neira Cruz gaña o XXI Certame de Narración Curta Ánxel Fole coa súa obra Veleno de tinta impresa. O xurado profesional do certame, convocado polo Concello de Lugo, estaba composto desta volta por Luz Darriba, Xosé Cid -anterior gañador- e Manuel Bragado. A obra será publicada por Xerais.
Máis de 150 persoeiros do ámbito da cultura asinan un manifesto a prol do BNG de cara ás eleccións xerais. Aquí e Agora reclama o voto ao Bloque "para Galiza ter voz propia".
Investigado no caso Villarejo o xornalista Alberto Pozas, asesor de comunicación de Pedro Sánchez na Moncloa que dimitiu a pasada semana
A Comisión Europea admite "dúbidas" sobre a lei española que permite trazar perfís ideolóxicos da cidadanía en internet para enviar propaganda electoral, pero non actuará antes das eleccións xerais.
Desconvocada a folga na Atención Primaria prevista desde mañá e ata o vindeiro xoves tras aceptar a Xunta negociar en dúas mesas todas as reivindicacións feitas pola Coordinadora Galega de Atención Primaria. Os sindicatos CCOO, CIG, UGT, CEMS-O'MEGA e CSIF decidiron desconvocar o parto de tres días. Consulta aquí toda a información