PP e PSOE obterían 10 escanos cada un en Galicia, por 2 de En Común e 1 de Ciudadanos, segundo a enquisa que publica este domingo La Voz de Galicia. Vox, BNG e En Marea ficarían sen representación

PP e PSOE obterían 10 escanos cada un en Galicia, por 2 de En Común e 1 de Ciudadanos, segundo a enquisa que publica este domingo La Voz de Galicia. Vox, BNG e En Marea ficarían sen representación
O Pescados Rubén Burela FS ascendeu este sábado á Primeira División do Fútbol Sala, tras empatar na casa ante o Noia (3-3). O equipo laranxa regresa á máxima categoría, despois de dous anos en Segunda.
Un gran número de actos celebran este domingo en toda Galicia o 88 aniversario da Segunda República. Ferrol, Lousame, A Pobra do Caramiñal, Narón, Padrón, Vigo ou Ourense haberá actos conmemorativos e de homenaxe ás vítimas da represión franquista. Nalgúns lugares, como Cedeira, as convocatorias adiantáronse a este sábado, lembrando os represaliados e presos no campo de concentración que funcionou na vila
Juan Carlos Piñeiro, secretario xeral de Compromiso por Galicia, ocupará o terceiro posto na lista da Coalición por unha Europa Solidaria (CEUS) para as eleccións europeas, que será encabezada por Izaskun Bilbao (PNV). Coalición Canaria ocupará a segunda praza e Geroa Bai a cuarta, nunha candidatura que tamén integran a Plataforma pelas Illes e o Partido Demócrata Valenciano.
28A | Lugo, Padrón, Barreiros, A Cañiza, Tui e Vigo acollerán os principais actos de campaña deste sábado, na que Alberto Garzón apoiará a campaña de En Común-Unidas Podemos na cidade olívica
Os equipos de futbol sala de Burela dedican este sábado os seus encontros a apoiar a divulgación da endometriose, unha doenza que sofren máis de 30.000 mulleres en Galicia. O equipo masculino xoga contra o Noia, buscando o ascenso á primeira división, e o feminino contra o Futsi Atlético, nun encontro decisivo para liderar a máxima categoría. Ambos os dous partidos poderán verse pola TVG2
Persoal da CRTVG volve protestar no 47º venres negro contra a manipulación e polo cumprimento da lei de Medios, xusto no inicio da campaña electoral. Sermos Galiza denuncia que a CRTVG pediulle a través dun burofax que rectificase unha información na que a cantante Sés denunciaba o veto por parte dos medios públicos.
28A | Ferrol, Pontevedra, Ourense, Vilagarcía e A Lama acollen este venres os actos centrais das principais forzas políticas no primeiro día da campaña. Podes consultar neste mapa as horas e lugares nos que se celebran.
Xabier Deive, novo presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia con Mónica García como vicepresidenta. Sheyla Fariña é a nova secretaria da directiva, segundo vén de informar a asociación.
28A | O Consello de Informativos de TVE considera un "desprezo" que Pedro Sánchez acuda ao debate electoral convocado por Atresmedia pero non teña previsto participar no organizado pola canle pública estatal. Así o recolleu o Telediario da propia Televisión Española.