15MpaRato inicia accións legais contra a cúpula do Banco de España pola saída a bolsa de Bankia e pola ocultación de probas ao xuíz. A Audiencia Nacional exculpou o pasado luns a oito directivos da entidade e á CNMV de toda responsabilidade penal na estafa.
Fálase
A Rede Galega contra a Pobreza reflexiona hoxe sobre "crecemento inclusivo, emprego digno e loita contra a pobreza" no VI Foro de Pobreza, Exclusión Social, Terceiro Sector e Voluntariado, no que participa Praza.gal. Todo o programa, na web da EAPN Galicia
O Congreso apoia a derrogación da Lei Mordaza nunha moción sen apenas percorrido. Podemos e os nacionalistas apoiaron a moción do PSOE e Ciudadanos abstívose.
Cuba dá unha despedida multitudinaria a Fidel Castro. Raúl Castro pecha as honras fúnebres cun discurso no que gaba o legado do seu irmán.
Os deputados críticos de Podemos tan só doarán o seu soldo a En Marea. Luca Chao e Paula Quinteiro alegan que son deputados polo novo partido.
A segunda edición do evento de difusión científica Naukas Coruña celebrarase o vindeiro 25 de febreiro no Teatro Rosalía de Castro, co tema O Universo, a vida (e todo o demais). Os vídeos da primeira edición, que tivo lugar o pasado mes de xuño, centrada na Neurociencia, vanse publicando periodicamente na web de Naukas
O Ministerio de Educación atribúe á LOMCE a mellora do alumnado nun estudo realizado antes de que a lei estivese implantada. Cóntao eldiario.es
O Pontevedra lamenta a morte do seu ex-xogador Filipe Machado no voo do Chapecoense, que sufriu un accidente cando o equipo brasileiro se desprazaba a Colombia a disputar a final da Copa Suramericana. 76 dos 81 ocupantes faleceron no sinistro.
Feijóo abre a porta a negociar un concerto vasco para Catalunya e avoga por unha maior descentralización do Estado das Autonomías, durante un acto no Cercle d'Economia de Barcelona.
O PP aumentaría apoios nunhas eleccións e o PSOE perdería o segundo posto, segundo unha enquisa para a Cadena SER. Pedro Sánchez, o máis apoiado para liderar os socialistas.