Berlusconi confirma que se presentará ás eleccións despois da crise do Goberno tecnócrata de Mario Monti, provocada polo propio partido de Berlusconi, o PDL, ao retirarlle o seu apoio na cámara. Di que regresa "por responsabilidade" e "para vencer"
Fálase
O xuiz Santiago Vidal denuncia nunha conferencia no Congreso Internacional contra a Represión que "un terzo do colectivo xudicial é do Opus Dei" e destaca o impacto do 15M: "vós credes que sen ese movemento de indignación o señor Díaz Ferrán estaría hoxe na cadea?"
Dous afectados polas preferentes inician unha acampada na sucursal de Cangas de Novagalicia Banco. Piden a devolución dos seus cartos.
O exército exipcio afirma que "protexerá os cidadáns inocentes" e pide "diálogo" en resposta á petición do presidente Morsi de que reprima as protestas cidadás xunto coa policia.
Poñen en marcha unha web que ofrece unha visualización en tempo real da localización dos nacementos e mortes no Estados Unidos
Juan Varela analiza en El Diario o novo canon dixital aprobado polo Goberno este venres: "xa non é só inxusto e indiscriminado porque o pagan os consumidores de electrónica: agora págano todos os contribuintes cos seus impostos vía os Orzamentos do Estado"
Gaza celebra hoxe o 25 aniversario de Hamas. O seu lider, Khaled Meshaal, dará un discurso ante ducias de milleiros de persoas.
Tuenti incorpórase a Abertos ao Galego, o proxecto da Mesa pola Normalización Lingüística para a dinamización do galego no ámbito empresarial.
Os traballadores dos paradores galegos secundan a folga con paros do 90% que provocan cancelacións que poden supoñer o 20% das reservas.
Os salarios en España baixaron entre un 3% e un 4% en 2010 e 2011, segundo a OIT: Cóntao El Diario.