Feijóo di que o 'tax lease' entrará en vigor desde xaneiro e lembra que antes é necesario que o Goberno de España modifique o imposto de sociedades.
Fálase
A campaña en change.org para pedirlles aos anunciantes que retiren a súa publicidade de Telecinco despois de que a cadea demandase a Pablo Herreros xa suma 55 mil apoios en apenas unhas horas.
Israel bombardea as sedes en Gaza de France Presse, AP e Al Yazira e onte matou dous xornalistas da canle Al Aqsa TV. Reporteiros Sen Fronteiras xa condenou os ataques a xornalistas por parte de Israel
A esquerda abertzale participa na homenaxe a Ernest Lluch no 12º aniversario do seu asasinato por parte de ETA
Membros de Nunca Máis protestan ás portas do xuizo do Prestige. O tribunal decidiu adiar até este xoves a declaración do ex director xeral da Mariña Mercante, José Luis López Sors. Imaxe de Onda Cero.
Activistas de Greenpeace descolgan unha faixa nunha tenda de Zara en Madrid para protestar pola venda por parte de Inditex de prendas de industrias textis que empregan substancias tóxicas
Xa se pode ver na rede unha versión reducida do documental Manos Arriba, que recolle os abusos que cometeu a banca española nesta última década coa connivencia o incompetencia do políticos e institucións xestoras.
A crise deixou sen ingresos a 1,5 millóns de persoas en España. Segundo datos de Facenda, dous de cada tres asalariados declaran ingresos de 1.000 euros ou por debaixo, tal e como conta La Información.
Os alumnos do ensino público teñen un custe menor para o Estado que os do ensino privado, segundo un estudo do Ministerio da Educación e Ciencia.
O BNG abandonará o Goberno municipal de Lugo e deixará o PSdeG-PSOE en minoria. A Asemblea Local da fronte tomou esta decisión onte á noite por 38 votos contra 12.