A crise deixou sen ingresos a 1,5 millóns de persoas en España. Segundo datos de Facenda, dous de cada tres asalariados declaran ingresos de 1.000 euros ou por debaixo, tal e como conta La Información.
Fálase
Os alumnos do ensino público teñen un custe menor para o Estado que os do ensino privado, segundo un estudo do Ministerio da Educación e Ciencia.
O BNG abandonará o Goberno municipal de Lugo e deixará o PSdeG-PSOE en minoria. A Asemblea Local da fronte tomou esta decisión onte á noite por 38 votos contra 12.
Despois de 12 horas o Eurogrupo e FMI fracasan no seu intento de lograr un acordo sobre Grecia para desbloquear a axuda urxente de 31.500 millóns. O presidente do Eurogrupo, Jean Claude Junker, declarou que "sobre Europa, non estou nunca desilusionado porque xa nunca me fago ilusións".
A Fiscalía pedirá unha fianza de 4 millóns de euros para o xenro do rei, Iñaki Urdangarín. Cóntao El País.
Convocan unha concentración de ámbito nacional en solidariedade co pobo palestino o vindeiro sábado as 13horas en Compostela. Está dirixida a persoas e colectivos e convócase dende Galiza por Palestina e BDS-Galiza, sen ligazóns con partidos politicos.
A CNMV abrirá expediente a nove entidades financeiras por mala xestión das preferentes por valor de case 6.000 millóns de euros. Seis dos expedientes correspóndense a bancos ou caixas que non valoraron a conveniencia do produto malia as esixencias legais, segundo adianta Europa Press.
A UE dá vía libre a un novo sistema de 'tax lease' para o naval galego. Máis información, esta tarde en Praza.
A data da dimisión de Esperanza Aguirre: 17.912 (17 de setembro de 2012), entre os números máis vendidos da Lotaría de Nadal
O sociólogo Carlos Neira analiza nun texto que se pode ler no seu blog a evolución do sentimento diferencial galego, que descendeu dende os máximos do periodo 93-98 (35-38%) até o actual 25%, e a súa relación co voto e estratexias dos partidos nacionalistas. Constata a recuperación deste espazo nas últimas eleccións e considera que o BNG cometeu grandes erros dende 2001 ao facer fincapé no eixo Galicia-España.